InicioSANTIAGOSantiago acollerá a edificación do Instituto de Investigación Sanitaria

Santiago acollerá a edificación do Instituto de Investigación Sanitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago comeza a tramitar a creación dun edificio propio para o Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS), cuxas dependencias están actualmente repartidas entre diferentes edificios do CHUS. Para iso, aprobou provisionalmente este luns un Plan especial de infraestruturas e dotacións que ordena a implantación do edificio.

Esta información trasladouna na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, que considerou que a entidade necesita “un espazo asegurado para a súa actividade”. Esta entidade é un centro de investigación biomédica creado por unidades de investigación da USC e o CHUS e integrado por 1.337 persoas. O novo centro estará situado na rúa da Choupana, ao sur da avenida do Mestre Mateo, e ocupará unha superficie de 5.217 metros cadrados. “A localización é idónea para acoller estas instalacións porque está precisamente entre o polo sanitario que constitúe o CHUS e o futuro campus de saúde da USC”, valorou o edil.

A edifición fragmentarase en varios volumes para adaptarse á substitución de terreo e manterá o carácter natural do terreo a través da creación dunha serie de cubertas vexetais transitables. O estudo económico prevé un investimento total de 5,8 millóns de euros, que asumirá o IDIS. Dado este primeiro paso, o Concello remitirá o documento á Dirección Xeral de Urbanismo para que emita o seu informe, que ten dous meses de prazo para facelo, antes da súa aprobación definitiva, que xa lle corresponde ao pleno. Aínda que aínda non hai datas do inicio da construción, o edil trasladou que a intención do IDIS é iniciala “con bastante rapidez”.

A maior parte do terreo corresponde a unha única parcela de 4.278 metros cadrados, que é propiedade da Compañía de Xesús. Desta forma, a aprobación definitiva do plan habilitará a expropiación dos terreos afectados —en caso de ser necesaria— ou a súa adquisición. Aínda que o ámbito está cualificado no PXOM como dotación pública, poderá expropiarse en tanto que o beneficiario é outra entidade que poida ser titular de solos deste cáracter; neste caso, a USC. Con todo, o edil confía en que non teña que producirse. Coa mediación do Concello de Santiago, a Compañía de Xesús manifestou a súa dispoñibilidade para combinar a transmisión dos prezos por un prezo aceptable. Nesta liña, o IDIS comprométese a adquirir os terreos.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...