InicioSOCIEDADEA illa de compostaxe do CIFP de Compostela culmina con éxito a...

A illa de compostaxe do CIFP de Compostela culmina con éxito a súa primeira fase de funcionamento

Tres dos seis módulos xa completaron o ciclo de compostaxe e os restantes seguirán madurando ata o inicio do novo curso.

Publicado o

Xornal de Compostela

A illa de compostaxe do Centro Integrado de Formación Profesional de Compostela xa tratou cinco toneladas de biorresiduos ao longo de seis meses. Esta área de compostaxe comezou a funcionar de forma continuada en xaneiro de 2025. Consta de seis módulos de compostaxe de 1m3 e ten unha capacidade de tratar 24 toneladas de biorresiduos procedentes da cociña e comedor do centro, segundo trasladou o Concello nunha nota informativa.

Coa finalización do curso en xuño de 2025, alcanzouse compost maduro no tres primeiros módulos, mentres os outros tres van continuar o proceso de maduración ata comezos de setembro, cando dea comezo o novo curso. Nese momento retomarase a actividade común do centro e o tratamento ‘in situ’ dos residuos orgánicos xerados na súa actividade.

Nesta primeira fase, acometeuse a posta en marcha e a formación das persoas usuarias, que neste caso son o profesorado, alumnado e todo o persoal auxiliar do centro. Contou coa colaboración da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), que se encargou da formación e seguimento xeral da área de compostela. Esta é unha das 12 illas de compostaxe que o Concello puxo en marcha no municipio, ás que se suman outro seis que teñen intención de implementar.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...