InicioSOCIEDADEO persoal da limpeza do CHUS mobilízase contra Ilunion por vulnerar o...

O persoal da limpeza do CHUS mobilízase contra Ilunion por vulnerar o contrato público

A CIG reclama á Xunta que rompa o acordo coa empresa por non cubrir vacantes e negarse a aplicar a suba salarial do 0,5%.

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Clínico e Gil Casares de Santiago concentráronse este venres ante a Consellería de Sanidade, en San Lázaro, para pedir a rescisión do contrato a Ilunion, UTE concesionaria do servizo, polos seus “reiterados incumprimentos“.

Segundo informa a CIG, durante a protesta, o comité rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para reclamarlle, igual que fixo directamente coa Xerencia do CHUS, que finalice co seu vínculo porque infrinxe a lei de contratos do sector público.

Tal e como explicou Anxo Noceda, representante do sindicato nacionalista, os “reiterados incumprimentos” teñen que ver coa falta de cobertura de vacantes e o exceso de carga de traballo, principalmente.

Ademais, Noceda denunciou que este mesmo venres o comité coñeceu “un novo incumprimento”, xa que a empresa “comunicou a negativa a aplicar a subida salarial do 0,5 por cento para o persoal público“, algo ao que os traballadores de contrátalas do Sergas “tamén teñen dereito”. Por todo iso, esixiu unha actuación urxente da Administración galega e avanzou que, se non se adoptan medidas, o persoal intensificará as súas protestas en próximas semanas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...