InicioSANTIAGOProxecto 'Ecobosque': reforestación do Banquete de Conxo coa plantación de máis de...

Proxecto ‘Ecobosque’: reforestación do Banquete de Conxo coa plantación de máis de 2.000 ‘bombas de sementes’

Esta conservación do espazo búscana a través dun enfoque "moi participativo", con "implicación da comunidade"

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto ‘Ecobosque’, promovido polo Concello de Santiago, pon en marcha actividades de sensibilización para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, con data este xoves. Entre elas, a plantación de ‘bombas de sementes’ na contorna do Banquete de Conxo, fabricadas durante estes días por alumnado dos centros educativos de Conxo.

Este proxecto, impulsado polo departamento de Emprego, busca a “restauración do ecosistema do río Sar” no seu paso por Banquete de Conxo, como trasladou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Mocidade, María Rozas, en rolda de prensa. Esta conservación do espazo búscana a través dun enfoque “moi participativo”, con “implicación da comunidade”.

Deste xeito, unha das accións, co título ‘Sementar, non contaminar’, desenvólvese desde o 3 de xuño nas escolas de Conxo, onde máis de 400 alumnos elaboraron ao redor de 2.000 bombas de sementes de especies autóctonas para contribuír á reforestación da contorna.

A plantación das sementes realizarase durante un acto que incluirá a lectura dun manifesto por parte do alumnado, pertencente ao CEIP Cardeal Quiroga Palacios, aos colexios Divino Mestre, A Milagrosa e Santa Apolonia e o IES Eduardo Pondal.

Para iso, empregaron o método Nendo Dango, creada polo xaponés Masanobu Fukuoka, naturalista falecido en 2008. Para elaboralas, envólvense sementes autóctonas de especies como carballos, fresnos ou nogueiras nunha mestura de arxila e materia orgánica, creando pequenos bolos protectores.

Poden ser lanzadas directamente ao terreo sen cavar ou regar, xa que a capa de arxila protexe as sementes de depredadores e da deshidratación ata que as condicións ambientais sexan óptimas para germinar.

OUTRAS ACTIVIDADES

No marco destas actividades de sensibilización, durante os días 9, 10 e 11 de xuño están previstas camiñadas desde o parque do Berce do Sar ata o Banquete de Conxo, dirixidas ao alumnado dos centros educativos do barrio a partir dos 12 anos. A ruta, cun percorrido de 10 quilómetros, está deseñada para coñecer a app ‘Senda do Sar’.

Xa o domingo 15 de xuño celebrarase unha carreira de orientación polo mesmo área. As persoas participantes, ben de maneira individual ou ben en grupos de ata seis persoas, deberán visitar no menor tempo posible todas as balizas colocadas na zona, sinalizadas nun mapa que recibirán ao comezo da proba.

Haberá tres categorías: unha infantil e cun percorrido menor a tres quilómetros; outra pensada para persoas adultas, e cun percorrido inferior ao catro quilómetros, e outra para persoas con coñecementos medios ou altos de orientación e cun bo nivel físico, que farán un percorrido superior ao cinco quilómetros

Esta actividade desenvolverase a partir das 10.00 horas, e as persoas interesadas en participar poden obter máis información no correo electrónico info@xestanatureza.com ou nas webs www.banquetedeconxo.com ou www.xestanatureza.com.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...