InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCompostela activa unha campaña de vixilancia e información sobre a reciclaxe

Compostela activa unha campaña de vixilancia e información sobre a reciclaxe

O Concello céntrase en resolver dúbidas e fomentar o uso correcto do colector marrón no casco histórico e no Ensanche

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela vén de poñer en marcha unha campaña de información a pé de rúa sobre as boas prácticas na separación dos residuos domésticos, cun foco especial na fracción orgánica. A iniciativa, que se desenvolverá de martes a sábado, céntrase no casco histórico e no Ensanche, zonas nas que se detectan máis dúbidas sobre o uso dos colectores e os horarios establecidos para o depósito de lixo.

O concelleiro de Sustentabilidade e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, explicou que esta nova campaña busca “transmitirlle á veciñanza as boas prácticas na separación en orixe das distintas fraccións de residuos e resolver dúbidas sobre o seu tratamento, horarios e localizacións dos colectores”. Destacou especialmente a importancia de concienciar sobre a fracción orgánica: “Esta supón aproximadamente a metade do lixo que xeramos no fogar, en peso, por iso é prioritario facelo ben”.

Neste sentido, os equipos informativos encargados da campaña están a realizar rondas diarias de vixilancia, resolvendo cuestións relacionadas co uso dos colectores de envases lixeiros, papel-cartón, vidro, orgánico e resto, así como supervisando o correcto uso dos colectores de alivio.

Un dos informadores, Gael, indicou que unha das principais confusións da cidadanía está na diferenciación entre o colector de resto (gris) e o marrón, este último destinado aos residuos orgánicos: “Moita xente non está aínda familiarizada co colector marrón e é importante saber que para usalo correctamente cómpre dispor dunha chave específica que permite a apertura do contedor e evita impropios”.

A respecto dos horarios, Domínguez lembrou que todas as fraccións poden depositarse durante as 24 horas, agás o vidro, que debe evitarse en horario nocturno por cuestións de ruído. O resto de residuos, que representa só un 10% dos residuos totais se se realiza unha boa separación, debe depositarse unicamente entre as 21:00 e as 23:00 horas.

A campaña pretende reforzar a idea de que unha separación axeitada permite reducir significativamente a cantidade de lixo acumulado no fogar, ademais de contribuír á mellora da xestión ambiental na cidade. Desde o Concello insisten en que o cumprimento destas prácticas facilita a recollida, mellora a reciclaxe e optimiza o uso dos colectores dispoñibles.

A medida súmase a outras iniciativas municipais orientadas a promover un modelo de cidade máis sostible e comprometida co medio ambiente, no marco da estratexia local de xestión de residuos.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O Arquivo da Catedral de Santiago abre as súas portas polo Día Internacional dos Arquivos

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago abrirá as súas portas á cidadanía entre o...

‘Compostela nocturna, mírame!’ trasládase a Cornes para achegar á veciñanza o futuro proxecto de iluminación da Catedral

A exposición 'Compostela nocturna, mírame!' continúa o seu percorrido pola cidade e instalarase desde...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here