InicioCULTURASantiago activará 'O museo máis pequeno da cidade' para levar a arte...

Santiago activará ‘O museo máis pequeno da cidade’ para levar a arte aos escaparates comerciais

A iniciativa convida á veciñanza a participar con creacións que se exhibirán en establecementos da cidade entre maio e xullo

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago converterá os seus escaparates comerciais en espazos expositivos coa posta en marcha da iniciativa ‘O museo máis pequeno da cidade’, unha proposta da Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración co departamento de Comercio, e baseada nunha idea da artista Noemí Batllorí.

A proposta busca acercar a arte á vida cotiá, transformando negocios locais en pequenos museos que ofrecerán exposicións gratuítas e sen aglomeracións con obras creadas pola cidadanía compostelá. Os establecementos comerciais participantes exercerán como salas de exposición, reforzando o seu papel como elementos dinamizadores dos barrios, ao tempo que gañan visibilidade e se achegan a nova clientela.

A participación está aberta a toda a veciñanza, que poderá presentar as súas creacións dentro dun formato reducido: unha caixa de 13×13 centímetros, que será facilitada nos propios centros socioculturais da cidade. O prazo para inscribirse remata o 16 de abril, e os traballos deberán entregarse antes do 30 de abril.

As pezas serán exhibidas nos escaparates dos comercios participantes entre o 14 de maio e o 11 de xullo. Unha vez rematada a mostra, as obras serán devoltas ás súas autoras e autores.

Con esta proposta, o Concello aposta por fomentar a creatividade cidadá e dar unha nova vida ao tecido comercial, ao tempo que promove unha forma alternativa e accesible de consumir cultura, poñendo en valor a expresión artística popular e a implicación comunitaria.

Desde a organización, destacan que ‘O museo máis pequeno da cidade’ supón unha oportunidade para que calquera persoa poida expresarse artisticamente, sen importar a súa formación ou idade, ao tempo que comercios e arte local se dan a man para revitalizar o espazo urbano.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here