InicioSUCESOSFerida de consideración unha muller de 75 anos atropelada por un coche...

Ferida de consideración unha muller de 75 anos atropelada por un coche nun paso de peóns do Restollal

Ao parecer, tal e como informan fontes municipais, a muller empezou a cruzar o paso de peóns en verde, pero cambiou a vermello antes de chegar alén e foi alcanzada polo vehículo

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha muller de 75 anos de idade resultou ferida de consideración ao ser atropelada por un coche nun paso de peóns en Santiago de Compostela. Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias consultadas por Europa Press, ocorreu sobre as 10.30 horas da mañá deste luns no Restollal, no paso de peóns que hai fronte ao Corte Inglés.

Os primeiros alertantes sinalaban que a muller estaba tendida no chan, debaixo do vehículo, e que “podía ter unha perna rota”. Tras recibir unha primeira asistencia no lugar, foi derivada ao Hospital Clínico de Santiago nunha ambulancia. Ao parecer, tal e como informan fontes municipais, a muller empezou a cruzar o paso de peóns en verde, pero cambiou a vermello antes de chegar alén e foi alcanzada polo vehículo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...