InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PP solicita melloras urxentes no barrio de Sar ante o deterioro...

O PP solicita melloras urxentes no barrio de Sar ante o deterioro das infraestruturas

Olaya Otero reclama actuacións concretas na ponte romana, o paso elevado e nas beirarrúas da zona

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular en Santiago, Olaya Otero, presentou este luns unha proposta pública para reclamar ao goberno local actuacións inmediatas no barrio de Sar, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade para a veciñanza. A popular denunciou o que considera unha situación de abandono por parte do executivo municipal, que segundo afirmou, “non está a atender nin sequera as necesidades máis básicas deste barrio da capital galega”.

Entre os puntos concretos que require o PP compostelán, destaca a reparación do paso superior de madeira da rúa de Sar, que, segundo Otero, convértese “nunha pista de patinaxe cada vez que chove”. A edil explicou que a solución non debería implicar unha gran obra, xa que “bastaría con aplicar un verniz antiescorregadizo e realizar labores regulares de limpeza” para evitar a acumulación de musgo, herba e follas.

Outro dos elementos que centra a preocupación da formación popular é o estado da ponte romana de Sar, cuxo pavimento presenta lousas soltas, algo que, segundo Otero, “dificulta o tránsito de vehículos e representa un risco tanto para condutores como para o propio ben patrimonial”. A concelleira alertou de que esta situación non só afecta á mobilidade senón tamén á conservación dun elemento histórico que debería estar protexido e ben mantido.

CRÍTICAS Á XESTIÓN MUNICIPAL

Durante a súa intervención, a concelleira do PP criticou o que cualificou de “desleixo xeralizado” do goberno local, ao que acusou de non escoitar as demandas dos propios barrios nos que viven os membros do executivo. “Se nin sequera prestan atención aos lugares que pisan todos os días, que pode esperar a veciñanza doutros puntos do concello?”, preguntouse.

Otero engadiu que o mal estado das beirarrúas en varias rúas de Sar obriga os peóns a camiñar pola estrada en determinados tramos, o que incrementa o risco de accidentes e prexudica especialmente ás persoas maiores ou con mobilidade reducida.

Tamén criticou a falta de coidado do patrimonio na zona histórica, facendo referencia á presenza de pintadas e carteis nas paredes e portas do Casco Histórico, e pediu unha actuación decidida por parte do Concello para garantir o respecto polo valor cultural da cidade.

CHAMAMENTO Á ACCIÓN

Desde o grupo municipal do PP, sinalan que esta é unha reclamación máis das que teñen trasladado nos últimos meses e que non será a última se o goberno non actúa. “Pedímoslle ao executivo local que atenda dunha vez ás necesidades da veciñanza e actúe con responsabilidade na conservación dos espazos públicos”, concluíu Olaya Otero.

A formación popular indica que continuará recollendo as demandas dos veciños e veciñas de Sar e doutros barrios composteláns, co obxectivo de levalas ao pleno municipal e esixir respostas concretas por parte do goberno local.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A Xunta reunirase co arquitecto das gárgolas do Hostal para revisar a solución aplicada

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia manterá ao longo desta semana unha...

O Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos

O Concello de Santiago asegurou que non ten competencias directas para actuar sobre a...

Veciñanza e especialistas critican a intervención nas gárgolas do Hostal e o Concello defende a súa legalidade

O remate das obras de rehabilitación na fachada do Hostal dos Reis Católicos en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here