InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSantiago transforma 6.000 toneladas de residuos orgánicos en compost para uso veciñal...

Santiago transforma 6.000 toneladas de residuos orgánicos en compost para uso veciñal e municipal

O Concello pon en marcha un novo punto de recollida de estruturante no Tambre e mantén activo o programa de composteiros individuais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago leva tratado desde o ano 2015 máis de 6.000 toneladas de residuos orgánicos, o que permitiu xerar ao redor de 1.800 toneladas de compost utilizado tanto en xardíns municipais como en fincas particulares. A cifra dá conta da evolución positiva do Plan de Compostaxe municipal, que converte residuos nun recurso útil e ambientalmente sostible.

A través da concesionaria Santiago Sostible, recóllense unha media de 50 toneladas mensuais nos colectores marróns repartidos polas rúas da cidade. Paralelamente, máis de 1.700 familias están adheridas ao programa de compostaxe doméstica, dispoñendo de composteiros propios nos seus domicilios.

Para acompañar e asesorar á veciñanza nesta práctica, o Concello xa realizou máis de 1.200 visitas personalizadas aos fogares participantes. Segundo as enquisas realizadas durante estas visitas, o 93% dos composteiros están activos e a valoración media do programa é de 9,7 sobre 10, o que indica un alto grao de satisfacción e compromiso cidadán.

NOVO PUNTO DE SUBMINISTRO DE ESTRUTURANTE

Como novidade, o Concello vén de habilitar un punto de recollida gratuíto de estruturante —material esencial para a compostaxe— no Punto Limpo municipal do Polígono do Tambre. Este servizo está dispoñible para todas as persoas participantes no programa doméstico, especialmente aquelas que non dispoñen de madeira propia nas súas parcelas.

As estelas das podas, que deben mesturarse cos restos orgánicos no composteiro, poden recollerse con un cesto ou unha bolsa. Esta acción tamén promove a circularidade dos residuos vexetais, que son triturados e devoltos ao ciclo natural como abono.

INCRICIÓN NO PROGRAMA DE COMPOSTAXE INDIVIDUAL

Aquelas persoas que desexen participar poden solicitar un kit de compostaxe gratuito a través da web santiagosostible.gal. O kit inclúe composteiro, aireador, cubo e manual de uso, e entrégase directamente no domicilio das persoas inscritas.

Os requisitos para participar son estar empadroado en Santiago de Compostela e contar cunha parcela de máis de 50 metros cadrados. As persoas participantes tamén reciben unha formación específica sobre como utilizar o composteiro e unha visita de seguimento pasados uns meses desde a instalación.

Entre os residuos aptos para a compostaxe inclúense restos de alimentos como froita, verdura, carne, peixe, pan ou cunchas de marisco, así como materiais naturais como papel branco de cociña, pos de café, infusións ou tapóns de cortiza. Todos estes elementos deben mesturarse co estruturante para garantir unha correcta descomposición.

Con esta iniciativa, Compostela segue avanzando cara un modelo de xestión de residuos máis sostible, apostando pola autonomía cidadá, a economía circular e a redución do impacto ambiental.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here