InicioMOV. SOCIAISCompostela por Palestina denuncia o roubo dunha faixa solidaria na Alameda

Compostela por Palestina denuncia o roubo dunha faixa solidaria na Alameda

A plataforma presentou unha denuncia na Policía Nacional e renovou a faixa como símbolo de resistencia

Publicado o

Xornal de Compostela

A plataforma Compostela por Palestina (CxP) denunciou o roubo dunha faixa solidaria coa mensaxe ‘PALESTINA LIBRE’ que estaba pendurada na entrada da Alameda desde o mes de xullo de 2024. O roubo, segundo indica o colectivo, produciuse entre as 18:00 horas do 26 de febreiro e as 9:00 horas do 27 de febreiro, e a plataforma atribúe o acto a persoas ou grupos pro-sionistas, considerando o feito como “unha nova forma de ataque ao pobo palestino”.

Esta acción prodúcese pouco despois de que o Pleno Municipal de Santiago aprobase unha moción de apoio ao pobo palestino, con votos favorables do BNG, PSdeG e CA, na que se denunciaba o xenocidio perpetrado por Israel e se defendían os dereitos fundamentais do pobo palestino. Entre outras medidas, o texto insta ao Goberno do Estado español a apoiar a denuncia de Sudáfrica contra Israel no Tribunal Internacional de Xenocidio (CIX).

DENUNCIAS E NOVAS ACCIÓNS

A plataforma presentou unha denuncia por roubo na Comisaría da Policía Nacional o pasado luns, solicitando que se revisen as cámaras de vixilancia municipais e doutros establecementos próximos á Alameda, co obxectivo de identificar os autores do roubo, un proceso que podería levar á presentación de cargos no Xulgado de Garda.

A faixa, de grande valor artístico e solidario, fora realizada polo artista galego Yoseba Muruzábal. Ante o roubo, a plataforma non se amedrentou e pendurou de inmediato unha nova faixa idéntica, reafirmando o seu compromiso coa causa palestina. “Como alegoría da resistencia do pobo palestino, nós tamén resistimos”, indicaron dende a plataforma.

O roubo coincide coas protestas previstas pola chegada da Volta Ciclista ‘Gran Camiño’, na que participa un equipo israelí, o que engade máis tensión ao contexto local.

ÚLTIMAS

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here