InicioPOLÍTICAAprobado o novo plan urbanístico para a antiga parcela do Colexio Peleteiro

Aprobado o novo plan urbanístico para a antiga parcela do Colexio Peleteiro

Contou cos votos favorables do Grupo socialista que lle lembrou á alcaldesa Goretti Sanmartín que ela se opuxo cando gobernaba Bugallo

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves a modificación do plan urbanístico da antiga parcela do Colexio Peleteiro, no Ensanche de Santiago, co voto favorable do Grupo Municipal Socialista.

No pleno celebrado no Pazo de Raxoi, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, reivindicou que o novo proxecto inclúa un 45% de vivenda protexida, a eliminación do uso hoteleiro e un espazo público “de calidade” cara a San Pedro de Mezonzo. “É un día moi positivo para esta cidade”, celebrou o edil.

Na súa quenda de palabra, a concelleira do PSOE Mercedes Rosón, que ratificou o voto favorable do Grupo Socialista, insistiu en que o proxecto que hoxe se levou a Pleno é o mesmo que defendía o PSOE en 2022. “Non todas somos iguais”, manifestou antes de acusar á alcaldesa, Goretti Sanmartín, de “bloquear” esta modificación do Plan cando estaba na oposición e gobernaba o PSOE en Raxoi.

Pola súa banda, o Grupo Popular votou en contra ao considerar que se trata dunha modificación que suporá un “mamotreto” no Ensanche e que, en opinión do portavoz, Borja Verea, será “un bloque de pisos” que “non vai solucionar o problema de vivenda”.

ÚLTIMAS

“Muller, abrigo”: o mural que acolle un barrio enteiro

O sol, filtrado polas nubes finas de agosto, deixa caer unha luz dourada sobre...

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

O Concello de Santiago rexeita as “escusas” para non declarar a cidade zona tensionada

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela,...

As concelleiras non adscritas de Santiago esixen aclaracións sobre o freo á zona tensionada

As concelleiras non adscritas de Santiago de Compostela pediron "explicacións detalladas" do proceso polo...

O PP reclama a limpeza da fonte e lavadoiro de Aradas e acusa o goberno local de desleixo no rural

A concelleira do Partido Popular en Santiago de Compostela, Yolanda Otero, reclamou este mércores...