InicioPOLÍTICASanmartín convoca aos municipios vinculados coa AP-9 para impulsar unha posición conxunta...

Sanmartín convoca aos municipios vinculados coa AP-9 para impulsar unha posición conxunta a favor da gratuidade

Fixa a reunión para as 12.00 horas do próximo 7 de marzo no Pazo de Raxoi e insiste en que está aberta a quen queira participar

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, convocou aos municipios vinculados ou atravesados pola AP-9 a unha reunión o próximo 7 de marzo, ás 12.00 horas no Pazo de Raxoi, para impulsar unha posición conxunta a favor da gratuidade da autoestrada. Nunha carta remitida a concellos principalmente do Eixo Atlántico, a rexedora recalcou que se trata dunha cita para todos aqueles municipios que sentan apelados, polo que, insistiu, está aberta a quen queira participar.

Así mesmo, destacou a importancia desta infraestrutura para a comunicación interna de Galicia e lamentou que, a pesar de existir pronunciamentos parlamentarios unánimes para solicitar tanto a gratuidade como a transferencia, “a situación continúa bloqueada”. “Son moitos os concellos que requiren desta conexión, de maneira moi especial todos os do Eixo Atlántico, e son moitas as economías locais e sectoriais que ven condicionada a súa dinamización por unhas peaxes abusivas”, sinalou.

Así, a alcaldesa asegurou que convoca ás entidades locais porque considera que se trata de “un problema global” no que se debe “mostrar unidade e altura de miras”. Nesta liña, afirmou que realiza esta convocatoria “sen menoscabar” outras iniciativas “de carácter local que xustifican tamén a gratuidade inmediata de certos tramos por diferentes causas”, despois de que esta semana sete municipios selasen un manifesto en Ames para demandar a constitución dunha mesa de traballo co Ministerio para reclamar a gratuidade da autoestrada.

Por último, nunha nota de prensa, o Concello lembrou que a alcaldesa da capital galega pronunciouse “en numerosas ocasións” na “xusta reclamación” da gratuidade da autoestrada por “tratarse dun sobrecusto para toda a poboación galega” e, máis concretamente, “para o conxunto dos veciños” de Santiago e das persoas que diariamente se moven na comarca para traballar, estudar ou outras actividades.

ÚLTIMAS

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago...

Antonio López reitera que Galicia debe manter unha única Facultade de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, reafirmou esta fin de...

As obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada afectarán ao tráfico na AC-241, en Teo, desde o vindeiro martes

O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fará necesaria a...

Os edís expulsados do PSOE esixen a Sánchez que se revise o seu caso, pois foi asinado por Santos Cerdán

Os catro edís de Santiago expulsados do PSOE --Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta...