InicioMOV. SOCIAISOs tribunais ordenan a expulsión de oito novos migrantes con solicitudes de...

Os tribunais ordenan a expulsión de oito novos migrantes con solicitudes de asilo en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou en días pasados oito novas expulsións de migrantes acollidas en Santiago de Compostela, ao rexeitarse as súas solicitudes de asilo por non ser considerados refuxiados de guerra. Estas oito persoas, confirmou o Foro Galego de Inmigración, terían que saír do dispositivo do Monte do Gozo a final deste mes. Segundo sinalan, a ONG Rescate — responsable deste dispositivo — contactou co Concello de Santiago para polo ao corrente desta situación. O Concello afirma que estas persoas terán acomodo noutros lugares.

Destacan que o Concello de Santiago está a facer un “esforzo importante”. “Pero non vai chegar se aumentan as denegacións”, sinalou. Ante esta situación, insisten en que debería ser o propio Goberno o que puxese en marcha unha alternativa para resolver estes casos.

Nesta liña, desde a organización comentan que traballan con dúas persoas do dispositivo de Valga que estaban a facer un curso do SEPE, aos que xa deron de baixa do curso, algo que denuncian porque “podían seguir facéndoo sen problema”, e que tamén deberían irse ao redor do 26 de febreiro.

Explican que falaron o responsable de Rescate en Galicia para buscar unha alternativa, “pero xa non colle o teléfono”. Este oito novas expulsións súmanse ás xa notificadas a finais de 2024, cando unha trintena de migrantes recibiron tamén, paulatinamente, as súas solicitudes de asilo rexeitadas. Estas denegacións poden ser recorridas.

ÚLTIMAS

As vítimas do Alvia renuncian á marcha de Santiago 12 anos despois do accidente

Por primeira vez en doce anos, non haberá marcha nin acto de homenaxe ás...

The Rapants inauguran o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ con once concertos ata agosto

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás regresa este xoves á praza central da...

A Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico de Conxo

O antigo mosteiro de Conxo, actualmente utilizado como Hospital Psiquiátrico e xestionado pola Área...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...

As vítimas do Alvia renuncian á marcha de Santiago 12 anos despois do accidente

Por primeira vez en doce anos, non haberá marcha nin acto de homenaxe ás...

A Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico de Conxo

O antigo mosteiro de Conxo, actualmente utilizado como Hospital Psiquiátrico e xestionado pola Área...

Andrea Nunes, activista transfeminista, escritora e profesora: “Ser aliada non é unha medalla, é unha práctica incómoda e necesaria”

A poesía como ferramenta de resistencia, memoria e coidado colectivo. Con esa premisa chega...