InicioPOLÍTICAA alcaldesa de Santiago, convencida de que os orzamentos sairán adiante

A alcaldesa de Santiago, convencida de que os orzamentos sairán adiante

A preguntas dos medios sobre se contemplaría vincular as contas a unha moción de confianza, a rexedora foi tallante: "Non contemplo a posibilidade de que saia mal".

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou este mércores que non contempla a posibilidade de que os orzamentos da capital galega non saian adiante. A preguntas dos medios sobre se contemplaría vincular as contas a unha moción de confianza, a rexedora foi tallante: “Non contemplo a posibilidade de que salga mal”.

Nesta liña, tras comunicar este martes o PSOE as expulsións dos concelleiros expedientados Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Milagres Castro e Marta Álvarez, Sanmartín reiterou que houbo unha negociación na que participaron “as seis persoas que conforman hoxe o Grupo Municipal Socialista“. Nesas reunións, insistiu, “tivéronse en conta as súas achegas e chegouse a un acordo asinado”.

“Aos veciños de Santiago impórtalles non moito o que son cuestións de conflitos internos que se teñen que resolver; o que lle interesa é que poida haber uns orzamentos e que as necesidades de Santiago de Compostela se poidan cubrir“, manifestou antes de apelar á “responsabilidade” e “altura de miras” para que poida haber presupostos.

En todo caso, a alcaldesa asegurou que polo momento non lle consta comunicación oficial da expulsión dos edís Gonzalo Muíños, Milagres Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez. No momento en que se produza, engadiu, será o secretario quen diga “cales son as directrices e que hai que facer”. “Nese momento comunicarémolo, pero aínda non teño constancia desa cuestión”, aseverou para, a continuación, sinalar que trasladarán “o procedemento, os prazos e que se realizará”.

ÚLTIMAS

“Muller, abrigo”: o mural que acolle un barrio enteiro

O sol, filtrado polas nubes finas de agosto, deixa caer unha luz dourada sobre...

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

O Concello de Santiago rexeita as “escusas” para non declarar a cidade zona tensionada

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela,...

As concelleiras non adscritas de Santiago esixen aclaracións sobre o freo á zona tensionada

As concelleiras non adscritas de Santiago de Compostela pediron "explicacións detalladas" do proceso polo...

O PP reclama a limpeza da fonte e lavadoiro de Aradas e acusa o goberno local de desleixo no rural

A concelleira do Partido Popular en Santiago de Compostela, Yolanda Otero, reclamou este mércores...