InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello lanza unha campaña para erradicar unha planta invasora na zona...

O Concello lanza unha campaña para erradicar unha planta invasora na zona do proxecto Ecobosque: a ‘tradescantia’ ou orella de gato

Actualmente esténdese pola zona onde está previsto que se desenvolva o proxecto Ecobosque

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago puxo en marcha unha campaña para a eliminación da ‘tradescantia’, unha planta invasora que se estende pola zona onde está previsto que se desenvolva o proxecto Ecobosque. Trátase dunha especie invasora orixinaria de Sudamérica que, tal e como detallou este luns en rolda de prensa a edil María Rozas, despraza a vexetación autóctona e afecta á diversidade local. Ademais, con esta campaña pretenden mobilizar e implicar ao conxunto da comunidade: organizacións ecoloxistas, centros educativos e veciños que teñan interese en participar nela.

A campaña vaise desenvolver durante esta semana e xa confirmaron a súa participación máis de 600 persoas de diferentes colectivos. Tamén van participar a SD Compostela e o Obradoiro CAB, aos que Rozas agradeceu o seu “traballo e dispoñibilidade” para dar visibilidade a esta acción. O coordinador do equipo de execución do proxecto do Ecobosque, Darío Pérez, explicou que o arrincado debe facerse de maneira manual e progresiva. Así, detallou que non se debe entrar e pisar toda a zona, senón que, a partir dunhas áreas que xa están balizadas, iranse arrincando os brotes con orde.

Posteriormente, sinalou que se fará un tratamento nesa zona e aplicaranse diferentes propostas de “revexetación” para impedir que siga expandíndose esta planta que, insistiu, “ten un potencial invasor moi elevado”. A retirada realizarase todos os días desta semana, ata o sábado, e calquera persoa pode unirse no horario que mellor lle conveña: polas mañás de 10.00 a 13.00 horas; e polas tardes de 15.00 a 18.00 horas. Pódese confirmar a asistencia a través do correo electrónico bosque@santigodecompostela.gal no teléfono 981 54 30 60.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...