InicioOPINIÓNComparar... é chorar!

OPINIÓN

Comparar… é chorar!

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

Realizo con este artigo, a quinta entrega de comparacións do que existe na Galiza, para valorar as posibilidades que temos de mellora, nun País, gobernado nos últimos 15 anos polo PP, que entre a ineficiencia e a irresponsabilidade, perde a oportunidade de acercarnos a unha comunidade de primeiro nivel, en lugar de manternos, en moitas cousas importantes, por baixo das nosas posibilidades.
Por que Galiza, está a cola do estado e da Unión Europea, en persoal de enfermaría? O dato é do Ministerio de Sanidad. Estamos so por riba de Murcia. Temos a ratio de enfermeiras por cada 1.000 habitantes en 5,13, mentras a media do estado é de 6.28 e a media de Europa é de 8,5. Galiza precisaría 10.364 enfermeiras máis para cumprir a ratio que marca a OMS. E algo máis dramático: no ano 2023, 510 enfermeiras foron traballar fora da Galiza.
Según datos do IMSERSO: no 2024 o gasto público no País, foi de 848 € por poboación potencialmente dependente, o que nos coloca, como a terceira pior comunidade no estado en gasto por dependente. Estamos 529 € por baixo do gastado no estado, que é de 1.377 €. En canto aos datos de prazos de agarda dentro do Sistema de Atención: unha persoa galega que solicita a Dependencia, agarda 387 días ata que se lle concede o servizo ou prestación, despois de ser valorada. Somos os cuartos pior do estado que está en 330 días. A normativa fala de “non esperar máis de 180 días”. Un despropósito! Dende o 2017 a novembro do 2024, faleceron na Galiza 838 persoas que estaban pendentes de valoración e outras 5.719, morreron esperando a prestación…que tiñan concedida previamente!
Según o informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, as Pensións suben 2,8%. Na Galiza, 375.658 galegos e galegas están cobrando por baixo do limiar da pobreza. Esta cifra dí que somos os máis empobrecidos do estado! Cobran 180 € menos o mes. Na Galiza, a media é de 1.080 €. Somos os segundos piores do estado. Váia record!
Según o INE, o salario medio mensual na Galiza, en 2023, en bruto, foi de 2.136 € : estamos con 137 € menos que a media estatal que é de 2.273 €. O traballo dun/ha galego/a é menos rendible que o de outro/a traballador/a do estado. Por que?
Nos orzamentos da Xunta para o 2025, vemos que dende a Consellaría de Sanidade se aumenta o gasto en capeláns, ata os 791.000 €: 321.000 € máis que no 2024. En 2020 era de 701.000. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, consideramos “un anacronismo e algo incomprensible”.
Para saber si un gobernante é bo ou malo, valórase como e en que gasta os orrzamentos? Como nunha familia, si gastamos máis do que ingresamos: malo! Pois ben a Débeda Pública da Galiza, está en máximos históricos: alcanza os 13.083 millóns de € (casi o mesmo que TODO o orzamento para o 2025). Pero a situación é máis dramática, pois estamos pagando 180 millóns de € nos intereses desa débeda. E que fai o sr. Rueda? rexeita a quita de 2.433 millóns de € que o estado vai condonar ás CCAA. É isto lóxico? Que intereses ten o PP para este despropósito? A quen beneficia esa situación? E ísto, o fai un Presidente que endebeda a cada galego/a en 3.372 €. Terá responsabilidades esta decisión?
Por que o desemprego na Galiza, aumenta un 2%, mentras no estado español permanece estable? O desemprego na Galiza, é a terceira comunidade (pola cola) do estado, cun +1,95% cando a media está en +0,6%. O descenso de persoas afiliadas á Seguridade Social é a 5ª do estado (pola cola) cun -0,64%.
De xaneiro a xuño do 2024: 62 empresas marcharon da Galiza e situaron o seu domicilio social fora do País; son unha media de 10 empresas ao mes…incluso compañías que reciben subvencións do goberno do PP. Como é posible este mal facer?
Galiza conta con 313 concellos: como se explica que 137 deles, carezcan de Servizo de Ambulancia Medicalizada? Que teñamos para todo o País: 2 helicópteros de Soporte Vital Avanzado…e moito do tempo inoperativos por diferentes motivos. O BNG presentou esta iniciativa no Parlamento para dar resposta ás necesidades de Transporte Sanitario e o PP OPÚXOSE. Como se explica?
P.S. Con esta quinta entrega, remato este ciclo de 5 artigos, onde expuxen a realidade do que sucede na Galiza, comparándonos con outros lugares e situacións… pero, sin esforzarme moito, podría encontrar motivos para outros cinco. Que pena!

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

"Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?". Bob...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here