InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello impón unha nova multa coercitiva ao Pazo dos Irlandeses por...

O Concello impón unha nova multa coercitiva ao Pazo dos Irlandeses por incumprimento de conservación

A propiedade do edificio da rúa Nova 44 deberá pagar 2.000 euros por non realizar as obras ordenadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellaría de Urbanismo de Santiago de Compostela impuxo unha segunda multa coercitiva á propiedade do Pazo dos Irlandeses, situado no número 44 da rúa Nova, por incumprir o deber de conservación da súa fachada e do escudo. O importe da sanción ascende a 2.000 euros e reiterarase cada tres meses ata que se executen os traballos ordenados. Esta medida chega despois dunha primeira multa de 1.000 euros en maio de 2024, tras comprobarse que non se realizaran as actuacións esixidas.

O Pazo dos Irlandeses, un edificio catalogado con nivel de protección 2 polo seu valor arquitectónico, ten varios procesos de rehabilitación en marcha. En decembro de 2023, a Concellaría ordenou a execución da reparación da cuberta e das galerías sur, establecendo un prazo de catro meses. Segundo o informe técnico de decembro de 2024, estas actuacións atopábanse en execución, polo que non foron obxecto de sanción.

Porén, en marzo de 2024, o Concello ordenou á propiedade a restauración da fachada e do escudo, cunha marxe de sete días para iniciar os traballos e un mes para rematalos. O último informe técnico confirmou que as obras non se levaron a cabo, o que motivou a sanción do pasado 31 de xaneiro de 2025.

A Concellaría de Urbanismo, dirixida por Iago Lestegás, sinalou que manterá un control estrito dos prazos e non descarta outras medidas dentro das súas competencias para garantir o cumprimento das obrigas de conservación do inmoble.

Unha das posibles actuacións sería a inscrición do edificio no Rexistro de Soares, onde xa figuran catro inmobles de Santiago en estado de abandono. De feito, o pasado 18 de decembro, Urbanismo iniciou o procedemento para a venda forzosa por subasta de 4 inmobles catalogados: Praciña das Penas, 5; Loureiros, 14; San Roque, 23, e Espírito Santo, 33.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here