InicioSANTIAGOA alcaldesa de Santiago sinala a "relación moi sólida entre o pobo...

A alcaldesa de Santiago sinala a “relación moi sólida entre o pobo galego e o palestino”

Goretti Sanmartín, xunto a membros da corporación municipal, recibiu este martes no Pazo de Raxoi ao presidente do sindicato de Xornalistas Palestino, Nasser Abu Baker, ao que quixo mostrar a "relación moi sólida entre o pobo galego e o palestino".

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto a membros da corporación municipal, recibiu este martes no Pazo de Raxoi ao presidente do sindicato de Xornalistas Palestino, Nasser Abu Baker, ao que quixo mostrar a “relación moi sólida entre o pobo galego e o palestino”.

Así, Sanmartín lamentou que nos “grandes conflitos do mundo” existe “un intento de invisibilizar a situación”, polo que o xornalismo é “garantía de liberdade e de que se poida contar a realidade tal cal é”.

“O xornalismo é unha profesión de risco e de maneira particular en Palestina”, expresou a rexedora da capital galega antes de trasladar ao xornalista palestino toda a súa “forza” e regalarlle o libro ‘Voces galegas por Palestina’.

Pola súa banda, Nasser Abu Baker, que estivo acompañado polo presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago, Luís Menéndez, reivindicou que apoiar a Palestina é “apoiar a xustiza”. “Necesitamos convivir, pero necesitamos xustiza”, reclamou.

Ademais, mostrou o seu orgullo por “a relación histórica entre Palestina e España” e a “forte relación con sindicatos españois de xornalistas”.

Ante a situación actual en Palestina, o xornalista desexou que “a paz chegue pronto” e agradeceu á alcaldesa e á corporación a súa “sensibilidade”.

Este mércores, Nasser Abu Baker dará unha conferencia no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela ás 19.00 horas para expor “a loita vital pola información en tempos de guerra” e “en solidariedade cos xornalistas de Palestina”.

ÚLTIMAS

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Outro corte do túnel do Hórreo por falta de policías

O túnel do Hórreo, que dá acceso a Santiago pola SC-20, volverá estar cortado,...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

O PSdeG e a Fundación Luis Tilve homenaxean a Manuel Maroño no cemiterio de Boisaca

O muro dos fusilados do cemiterio de Boisaca acolleu esta mañá un acto de...

Triskel Artesanía visibiliza este mes de decembro o labor da Asociación de Dano Cerebral dentro da campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’ pecha o ano cunha colaboración centrada no...