InicioSUCESOSAtopan un proxectil tras sufocar un incendio no piso superior dunha vivenda...

Atopan un proxectil tras sufocar un incendio no piso superior dunha vivenda na rúa Agra da Garrida

Outro incendio calcinou unha habitación no segundo piso dunha vivenda da rúa do Preguntoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Bombeiros de Santiago interviñeron durante a madrugada deste domingo nun incendio que calcinou o piso superior dunha vivenda compostelá. Ademais, durante os labores de ventilación e arrefriado identificaron un “obxecto pesado” que, segundo fontes consultadas por Europa Press, “parecía un proxectil”.

Deste xeito, foi un particular o que chamou ao 112 Galicia ao redor das 05.00 horas e explicou que estaba a arder a casa do seu veciño, que no momento da chamada atopábase no exterior. Segundo informou o 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida a consecuecia deste lume rexistrado nunha vivenda de tres pisos situada na rúa Agra da Garrida. Con todo, no operativo tamén participaron axentes da Policía Nacional, aos que se avisou tras identificar o proxectil e que, á súa vez, avisaron aos Tedax, e Local.

INCENDIO NO PREGUNTOIRO

Por outra banda, outro incendio calcinou unha habitación no segundo piso dunha vivenda da rúa do Preguntoiro, tamén en Santiago, neste caso tampouco se rexistraron danos persoais. Segundo detallou o 112, tivo constancia dos feitos ao redor das 23.00 horas deste sábado a través dun particular. Ademais, as persoas que se atopaban no interior do piso, unha muller e dous nenos, conseguiron saír á rúa. Ao momento acudiron os Bombeiros de Santiago, Urxencias Sanitarias de Galicia 0-61, de modo preventivo, e a Policía Nacional e Local.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

Ferida tras chocar contra un xabaril nunha zona urbana de Santiago de Compostela

Unha muller resultou ferida este xoves en Santiago de Compostela tras chocar o coche...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...