InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Ateneo solicita recuperar a placa dedicada ao compositor José Castro "Chané"

O Ateneo solicita recuperar a placa dedicada ao compositor José Castro “Chané”

A entidade cultural reclama a reposición dunha obra modernista desaparecida tras unhas obras na Rúa dos Pitelos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago enviou este mércores unha carta á alcaldesa de Santiago de Compostela para reiterar a solicitude de reposición da placa conmemorativa dedicada ao compositor José Castro “Chané”, desaparecida tras unhas obras realizadas no edificio da súa casa natal, situado na Rúa dos Pitelos.

A placa, unha peza modernista realizada en mármore polo escultor compostelán Santiago Bonome, foi unha das primeiras creacións do artista antes do seu traslado a París. Segundo o Ateneo, a perda desta obra non só supón un esquecemento na memoria dun dos compositores máis relevantes da cidade, senón tamén un menoscabo ao recoñecemento do patrimonio cultural de Santiago.

A Xunta Directiva do Ateneo, presidida por Francisco Candela, subliña na misiva que desde o ano 2016 veñen solicitando, sen éxito, a recuperación da placa mediante diversos escritos e encontros con responsables municipais.

Na carta, a entidade cultural insta á actual Alcaldía a tomar as medidas necesarias para restaurar a homenaxe a José Castro “Chané” e preservar o legado artístico de Santiago. “Trátase dun acto de xustiza histórica que contribúe a recoñecer a relevancia dun dos composteláns máis ilustres”, destacaron desde o Ateneo.

O Ateneo confía en que esta petición, que consideran fundamental para a memoria cultural da cidade, sexa atendida coa dilixencia que merece. A reposición da placa non só restablecería o tributo a Chané, senón que tamén permitiría recuperar unha parte importante do patrimonio artístico e histórico de Compostela.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here