InicioSUCESOSCatro persoas feridas nun accidente múltiple en Compostela

Catro persoas feridas nun accidente múltiple en Compostela

Un choque entre tres vehículos na A-54 obrigou a trasladar ás vítimas ao hospital

Publicado o

Xornal de Compostela

Un accidente de tráfico rexistrado este domingo en Santiago deixou un balance de catro persoas feridas, todas elas trasladadas ao hospital para recibir atención médica. O sinistro, que implicou a colisión de tres vehículos, tivo lugar ao redor das 22:00 horas no quilómetro 91 da estrada A-54.

Segundo informou o 112, o aviso chegou por parte dun dos implicados, que alertou sobre o impacto entre dous turismos no tramo mencionado. Minutos despois, un terceiro coche chocou contra os vehículos xa accidentados.

A central de emerxencias activou de inmediato un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, os Bombeiros de Santiago, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.

O persoal sanitario asistiu ás catro persoas feridas no lugar dos feitos antes de proceder ao seu traslado a un centro hospitalario. Ata o momento, non se informou sobre a gravidade das lesións sufridas polas vítimas.

A Garda Civil de Tráfico encargouse de regular a circulación na zona e de recoller información sobre as causas do accidente. O incidente provocou retencións puntuais na A-54 mentres se realizaban as tarefas de atención e limpeza da vía.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...