InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCompostela rexistra en 2024 as segundas máximas horas de sol do século

Compostela rexistra en 2024 as segundas máximas horas de sol do século

O ano destaca tamén pola elevada choiva recollida e fenómenos meteorolóxicos significativos

Publicado o

Xornal de Compostela

En 2024, Santiago de Compostela acadou as 2.338 horas de sol, o segundo rexistro máis alto deste século, só superado polas cifras de 2017, segundo o ‘Resumo meteorolóxico do ano 2024’ elaborado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. Este ano caracterizouse tamén pola elevada chuvia recollida, que superou os 2.000 litros por metro cadrado, e por fenómenos meteorolóxicos destacados como o temporal Kirk.

As horas de sol rexistradas en Compostela durante 2024 colocan este ano como un dos máis solleiros do século. Maio, agosto e xullo foron os meses con máis insolación, alcanzando 292, 278 e 272 horas respectivamente. Por outra banda, xaneiro, novembro e decembro foron os menos luminosos, con 106, 83 e 119 horas de sol.

En canto á chuvia, Santiago volveu superar os 2.000 litros por metro cadrado, unha cifra que non se alcanzara entre 2015 e 2022. En 2024 rexistráronse 2.058,9 litros/m², lixeiramente por riba da media das últimas décadas (1.800 l/m²). Os meses máis húmidos foron outubro (391,8 l/m²) e febreiro (313,1 l/m²). Ademais, os días con maior precipitación foron o 8 de outubro, con 101,5 l/m², e o 8 de febreiro, con 93,3 l/m².

TEMPERATURAS SUAVES

As temperaturas mantivéronse suaves ao longo do ano, cunha máxima de 33,4 graos compartida polos días 29 de xullo e 10 de agosto, e unha mínima de -1,3 graos o 20 de xaneiro. As máximas superiores a 30 graos rexistráronse en só 7 días, mentres que as mínimas negativas foron anecdóticas no casco urbano.

Entre os fenómenos máis salientables destaca o temporal Kirk, ocorrido entre o 8 e o 9 de outubro, que provocou ventos de 50-60 km/h no Campus Sur e a caída de numerosas árbores. Tamén cómpre mencionar o refacho de 68 km/h rexistrado o 24 de novembro e a intensa treboada da noite do 30 de novembro ao 1 de decembro.

CLIMA CARACTERÍSTICO DA CAPITAL GALEGA

Os datos confirman que Compostela mantén o seu clima característico, cunha combinación de días solleiros, precipitacións frecuentes e temperaturas moderadas. Estas condicións, segundo o Observatorio Ramón María Aller, seguen sendo un reflexo da dinámica climática propia da cidade.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here