InicioECONOMÍAO Concello de Santiago redacta un borrador de orzamentos que rolda os...

O Concello de Santiago redacta un borrador de orzamentos que rolda os 144 millóns de euros

O concelleiro de Facenda e Orzamentos do Concello de Santiago, Manuel César Vila, lembrou que no plan normativo presentado este luns vai "a nova ordenanza fiscal do lixo" para adecuar os ingresos "coa prestación do servizo" e adaptala "á subida do canon de Sogama"

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Facenda e Orzamentos do Concello de Santiago, Manuel César Vila, avanzou que o Goberno local negocia os orzamentos co grupo municipal socialista sobre un borrador que rolda os 144 millóns de euros.

En rolda de prensa este luns, o edil sinalou que a semana pasada presentaron este borrador ao PSOE. En concreto, trátase dun documento que, “con gastos e ingresos”, é “parecido ao do ano pasado”. “Rolda os 144 millóns de euros, con 129 millóns en gasto corrente para partidas de gastos de persoal, gastos e servizos correntes, pago de juros e transferencias correntes cun esforzo investidor que rolda os 12 millóns de euros”, explicou.

Un “esforzo” que, segundo o concelleiro, complementarán con “un expediente de modificación de crédito, dando de baixa proxectos que viñan de anos anteriores para financiar máis dun millón de euros en investimentos no capítulo V”.

Ademais, Manuel César detallou que o borrador presentado ao grupo municipal socialista non inclúe “subida de impostos”, aínda que si recolle “un incremento na recadación como consecuencia de mellorar a eficiencia na xestión de recadación a través do cruzamento de datos e no servizo de inspección tributaria do concello”.

Tamén lembrou que no plan normativo presentado este luns vai “a nova ordenanza fiscal do lixo” para adecuar os ingresos “coa prestación do servizo” e adaptala “á subida do canon de Sogama”. “É unha subida que vén imposta pola Xunta e que supón un incremento importantísimo do que sería esta prestación do servizo”, expuxo.

En relación coa taxa turística, o concelleiro de Facenda lembrou que a Xunta debe aprobar unha lei autonómica que permitirá “avanzar nunha ordenanza fiscal”, así como na súa xestión, insistindo en que ao tratarse dun imposto autonómico “o lóxico sería que fose xestionado pola Atriga”.

Neste sentido, afirmou que “é imposible” redactar unha ordenanza municipal “sen ter unha lei aprobada”. “Isto atrásanos moito os traballos”, lamentou.

En canto á débeda que, asegurou, van asumir, “baixa a un préstamo bancario de 2.300.000 millóns”. “Estamos nunha senda de ir reducindo a débeda”, relatou o responsable local.

NEGOCIACIÓNS PSOE

Preguntado polas negociacións dos orzamentos co grupo municipal socialista, Manuel César Vila destacou que o Goberno local está “esperanzado” con que os socialistas “asuman a súa responsabilidade cos veciños” e con “os grandes proxectos do concello”.

“Desde o goberno bipartito non nos adoitamos situar sobre o que ocorre noutras organizacións políticas”, aseverou cuestionado polas diferenzas entre o grupo municipal e a dirección local do PSOE.

ÚLTIMAS

Non hai Roma sen Santiago, nin Santiago sen Roma: unha pequena biografía das dúas cidades

Dúas "pequenas biografías" sobre o desenvolvemento de Santiago e Roma durante os Anos Santos...

Atropelada unha menor na rúa do Hórreo en Santiago de Compostela

Unha menor resultou ferida na mañá deste martes ao ser atropelada na rúa do...

Santiago reabre os parques pechados pola alerta amarela

O Concello de Santiago anunciou esta mañá o peche temporal dos parques municipais debido...

O Concello de Ames inicia a venda das entradas da Festa de Fin de Ano con 320 billetes xa adquiridos nas primeiras horas

O Concello de Ames abriu esta mañá, ás 10:00, o prazo para facerse coas...

A Xunta destina 754.000 euros á investigación lingüística e renova o apoio ao Imelga

O Consello da Xunta, presidido por Alfonso Rueda, aprobou diversos acordos en materia de...

A UDC reclama unha resposta “clara” da USC e advirte que manterá a súa folla de ruta para Medicina

A Universidade da Coruña (UDC) situou de novo no foco o futuro da titulación...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...