InicioSUCESOSAbsolven a un acusado de agredir sexualmente á súa sobriña en Santiago

Absolven a un acusado de agredir sexualmente á súa sobriña en Santiago

A sala entende que "a presenza de incertezas que impiden xustificar a hipótese acusadora e a existencia de proba suficiente enervatoria da presunción de inocencia que ampara ao acusado, o que non pode senón abocar ao ditado dunha sentenza absolutoria"

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, absolveu a un home dun delito continuado de agresión sexual sobre a súa sobriña cando era menor de idade.

Na sentenza, facilitada este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e contra a que cabe recurso de apelación, o tribunal explica que “non existe proba, nin siquera mínima” que apoie a acusación contra o suposto agresor, para o que se pedían 15 anos de prisión.

Para o tribunal, a declaración da denunciante e o resto de probas dispoñibles, aí como a carencia de “elementos periféricos suficientes de corroboración”, non permiten “alcanzar unha sólida convicción de certeza do feitos obxecto de acusación, allea á presenza de dúbidas e incertezas, que permita enervar a presunción de inocencia do acusado e fundar un pronunciamento condenatorio”.

Desta forma, e tras reiterar no fallo “as dificultades probatorias concorrentes no suposto axuizado”, consideran que existen “quebras ou discrepancias na declaración da vítima” sobre elementos ou “datos non anecdóticos ou accesorios” que impiden crear unha proba de cargo “suficiente” contra o procesado.

Así, a sala entende que “a presenza de incertezas que impiden xustificar a hipótese acusadora e a existencia de proba suficiente enervatoria da presunción de inocencia que ampara ao acusado, o que non pode senón abocar ao ditado dunha sentenza absolutoria”.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...

Os Campamentos de Arnela reúnen este verán a máis de 230 menores no programa Cativos de Cáritas

Os Campamentos de Arnela, promovidos por Cáritas en Santiago de Compostela a través do...