InicioCULTURAARimar, unha oda ás relacións galego-portuguesas

ARi[t]mar, unha oda ás relacións galego-portuguesas

A noite do venres 22 de novembro gozouse da arte poética e musical grazas aos premios aRi[t]mar, unidos pola estreita relación que temos coa lingua portuguesa

Publicado o

Por Antonia Belén Sanhueza Oliva

Onte á noite no Auditorio de Galicia gozouse da novena edición da Gala aRi[t]mar Galiza-Portugal, unha celebración da música e a poesía galego-portuguesa, toda unha oda aos lazos culturais entre ambas nacións.

É unha iniciativa que naceu na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pero que tamén acabou sendo acollida por outros centros de ensino que traballan co portugués ou co galego, e incluso aqueles que incorporan a música e a literatura neste ámbito lingüístico. As votacións realízanse cada ano en liña.

Premianse cinco categorías; dúas delas divídense segundo a lingua empregada no medio en cuestión, polo que dous premios son de poesía e dous de música. En ambos os ámbitos debe premiarse un en galego e outro en portugués. O quinto premio é especial, dedícase á embaixada da amizade galego-lusófona. Este premio si é escollido por un xurado e recíbeo aquela persoa, grupo, institución ou iniciativa que contribuíran a tender pontes de amizade e colaboración entre Galiza e a Lusofonía.

A edición deste ano contou con As Filhas Bravas de Momán como presentadoras: protagonistas dunha obra que trata sobre o empoderamento das mulleres que non é tan visible a simple vista na tradición galega, caracterizado por tres mulleres anciás do rural.

Botamos en falta a unha das integrantes na gala. Aínda así, deleitáronnos co seu característico humor, con momentos que pintaron a gala dun cor púrpura feminista e tamén de denuncia, xa que ao ter aRi[t]mar un carácter lingüístico, é imposíbel non mencionar o incumprimento do goberno actual na Lei de Normalización Lingüística e na Lei Paz Andrade.

A noite tamén contou coas actuacións musicais de Luiz Caracol, un artista alentejano-angolano; e De Ninghures, o grupo musical galego que puxo o broche de ouro á gala.

Finalmente, compartimos convosco os galardoados coa fermosa estatuíña de cerámica, na que se aprecian dúas gaivotas apertadas, foron:

  • O premio á mellor poesía galega: Silvia Penas por ‘Canto segundo para un fillo non nado’. Durante o seu discurso, recitou tamén un poema titulado ‘Lisboa’, pertencente ao mesmo poemario que o poema galardoado, chamado ‘Retratos de vodas, partos e funerais’.
  • O premio á mellor música portuguesa: Os Quatro e Meia por ‘Na escola’. Dos seis integrantes de Coimbra, acudiron tres deles para recibir o premio.
  • O premio á mellor poesía portuguesa: Sílvia Mota por ‘Há mulheres que trazem…’. A poeta bracarense, moi emotiva, dedicou o premio a Rosalía de Castro, autora á que ten moita admiración, e a todas as mulleres.
  • O premio á mellor música galega: De Ninghures por ‘Morena’. Os integrantes evocaron os seus inicios no seu discurso.
  • O premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona: A Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, nada como organización no ámbito deportivo, convertiuse nun promotor de actividades culturais, como o Festival de Poesía do Condado, no que, dende o seu comezo en 1981, participan tanto poetas galegos como lusófonos. Ademais, engadiron no seu discurso a loita do pobo palestino e alzaron a súa voz para defender o medio ambiente galego co berro de ‘Altri NON’.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here