InicioOPINIÓNAdeus e grazas

OPINIÓN

Adeus e grazas

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Redacto as derradeiras liñas para Xornal de Compostela. Xa fóra. Xa exento das normas. Pensando no futuro, no da cidade que me acolleu varios anos. É por iso que a miña mente voa cara a Borja Verea, cara á persoa con ilusión, con ganas, con ideas para liderar o Santiago de Compostela do futuro. El, sempre con ese sorriso de quen confía nas persoas para artellar as oportunidades, para construír a cidade que calquera picheleiro merece.

Mentres as miñas palabras flúen polo papel, sei que lle estou poñendo punto e final a unha etapa. É por iso que non deixo de pensar nas persoas, en quen, coma Borja, acredita na cidade, confía no seu potencial. Iso é, no fondo, un grande alcalde, unha persoa que quere a Compostela tal e como é, sabendo todo o que ten para ofrecer. Hai momentos nos que dicir adeus se fai duro. Poñer punto e final. Salto de parágrafo. Non obstante, voume feliz.

Hai cidade que se revolve contra unha Goretti Sanmartín sen maioría e sen vontade de cumprir co que se dixo e cun Borja Verea que segue centrado nos barrios, en coñecer o que acontece en cada espazo. Mentres, Aitor Bouza, Pedro Blanco, Santullano etc. non fan máis que perder o tempo en gañar visibilidade. En tentar construír o relato de quen non ten nada que achegar á cidade. Rosón segue fiel. E con ela os edís. Pero no ermo que se xerou no PSdeG é imposible predicar. Desde a diferenza coa súa decisión, ela defendeu o que di o seu partido. Coherencia, honradez, cumprir. Como, se no pasado mandato, apostaches por unha cuestión, agora te podes desdicir? É imposible se se manteñen os principios. Por iso tanto ela como os seus compañeiros adoptaron a decisión coherente. A difícil. E, sen concordar, os meus respectos.

É por iso que sempre confiarei en quen ten unha idea clara, unha visión sobre o que se espera da cidade. Non quero concordar, senón confiar no futuro. Confiar en todas esas persoas que soñan unha Galicia en positivo, unha capital en positivo. Por iso admiro a Borja Verea e a Mercedes Rosón. Porque, na súa cabeza, reside o mañá da cidade, o pensamento de todo o que artellar. Sempre sinto admiración cara a todas as persoas que acreditan no futuro. Cara a Borja, cara a Mercedes. Cara á coherencia.

E hoxe só me queda dicirlles ‘adeus e grazas’. Grazas por estar. Por ser. Por querer ser. Compostela e Galicia agradeceranllo.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Esperanza… ou non!

O PP goberna na Galiza, 17 anos. Primeiro Feijoo e logo Rueda; tempo tiveron,...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here