InicioCULTURANUMAX e a USC presentan o álbum ilustrado 'Los ojos de los...

NUMAX e a USC presentan o álbum ilustrado ‘Los ojos de los árboles’ de María do Cebreiro

O evento contará con accións pictóricas e un paseo literario dirixido a un público diverso, incluíndo o infantil

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado 16 de novembro, a cooperativa NUMAX e o Museo de Historia Natural da USC acollen a presentación de Los ojos de los árboles, un álbum ilustrado da poeta e profesora da USC María do Cebreiro Rábade, desenvolvido grazas a unha bolsa Leonardo da Fundación BBVA. A xornada ofrecerá un encontro de creación e natureza, combinando lectura de poemas, acción pictórica e un paseo literario destinado a un público diverso, con especial atención ao público infantil.

O evento comezará ás 10:30 da mañá no antigo Hotel Suízo (Rúa Cardenal Payá), unha das sedes de NUMAX, moi preto da histórica porta de Mazarelos. Inspirándose na tradición cultural de acollida de Santiago, a xornada contará coas intervencións dos artistas Cristina Lucas e Fernando Sánchez Castillo, quen, mediante accións pictóricas, ilustrarán un oliveira e un granado en dous exemplares do libro, simbolizando a conexión co mundo botánico.

O acto inclúe a distribución gratuita de 30 exemplares únicos da obra, en formato artesanal, con follas prensadas na cuberta e un caderno de campo para debuxos ou notas persoais. Tras a presentación, celebrarase un paseo literario dende a Alameda ata o Parque de Galeras, concluíndo no Museo de Historia Natural. Durante o paseo, as persoas asistentes serán convidadas a recoller elementos naturais para ilustrar nos seus cadernos no Museo, promovendo así unha interacción directa coa natureza e co propio proceso creativo.

A elección do carbonciño vexetal como material de traballo está ligada ao estudo da vida arbórea e a súa importancia na terra, un aspecto no que a artista Cristina Lucas afondou recentemente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here