InicioCULTURAQuen era o Cardeal Payá e por que temos una rúa co...

Quen era o Cardeal Payá e por que temos una rúa co seu nome?

Unha das ruas máis coñecidas da zona vella, a Rúa do Cardeal Payá, agocha unha historia detrás do seu nome

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Probablemente coñezas a Rúa do Cardeal Payá. Si, onde está o Novena Porta. Pero por que se chama así? Quen era o Cardeal Payá?

En Compostela, como en todas as cidades, existe a tradición de nomear ás rúas con nomes de personaxes importantes para a cidade ou para a historia colectiva. Neste caso o nome de Cardeal Payá veu para substituír ao de Zapatería Vella, polo que fora coñecida anteriormente polo oficio que se exercía nela.

Miguel Payá e Rico, ou Cardeal Payá, foi arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1874 e 1886. Era valenciano e durante a súa carreira estudara dereito canónico, teoloxía e filosofía. Trátase dun dos arcebispos máis relevantes na historia da Catedral de Santiago de Compostela, xa que baixo o seu mandato redescubríronse os restos do Apóstolo Santiago.

Unha vez no alto mandato do cabido compostelán, impulsou a restauración da Catedral, convencido de que os restos do Apóstolo estaban alí tras ser agochados no século XVI polo temor aos ataques piratas de Francis Drake.

Unha vez iniciadas as obras de restauración, atopáronse alí os restos, fito que fixo que se recuperasen as peregrinacións cara a Compostela e que a Catedral e a cidade recuperasen o seu status entre a comunidade crente.

Entre as accións que levaron a Santiago a dedicarlle a Payá o nome da rúa tamén se atopa a fundación do hospital psiquiátrico de Conxo no ano 1885 e que aínda hoxe segue en funcionamento.

Pero todas estas iniciativas non conseguiron que fose querido por todos os picheleiros, xa que o arcebispo era odiado entre a poboación máis liberal da cidade. As decisións de prohibir os colexios protestante e o enterro dos non católicos no cemiterio non gustou entre o sector liberal.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here