InicioOPINIÓNAutenticidade

OPINIÓN

Autenticidade

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Nestes días nos que volvo sobre as teorías de Lakoff, penso nunha das partes fundamentais da política segundo el: a autenticidade. Este elemento, segundo explica o cognitivista, dota dunha aura especial os candidatos electorais. A da coherencia. Pensemos en como, na recente campaña estadounidense, moitos falaban de como Harris resultaba “artificiosa”, un proxecto de marketing, mentres Trump bailaba de forma ridícula, tal e como o fariamos a inmensa maior parte de nós nunha voda. El resultaba auténtico, ela non.

Nunha carreira como a das eleccións municipais, a autenticidade mídese a pé de rúa. Non en programas electorais eternos, nin en propostas das que non se acostuman entender todas as consecuencias. Mídense en escoitar pero, sobre todo, en transmitir a idea de que estás escoitando. En tomar notas nunha pequena libreta –se o anotas, has volver a esa petición– ou en que alguén o anote por ti. En formar parte do electorado, ser coma eles. O veciño que toma unha caña coa parella, que mira un partido de fútbol cun par de colegas, que leva os nenos ao parque.

Mais, volvamos con Santiago. En dous anos e medio, a cidade tomará unha decisión fundamental, que marca sempre o futuro non só de catro anos, senón as seguintes décadas. A aprobación de ordenanzas, PXOMs, reformas estruturais modifican o espazo e por iso o candidato ou candidata, a súa autenticidade, resultan determinantes para a escolla veciñal. Hoxe en día só contamos con dous candidatos confirmados de facto para as vindeiras eleccións: Borja Verea, gañador no 2023, e Goretti Sanmartín, segunda nos comicios. Pola banda de CA, o liderado de María Rozas é inexistente –confeso que tiven que pensar o seu nome para escribir o artigo–; pola do PSOE, os tambores de guerra non deixan de soar e, cun liderado de Bouza claramente cuestionado, o rumor de Pedro Blanco como candidato non deixa de estenderse por diferentes círculos.

Autenticidade.

Borja Verea, con cabelo cara aos lados –semellando non pisar un salón de peiteado desde o século pasado– e unhas gafas redondas de botella. Denota un estilo propio –camisa e xersei ou camisa e americana–, un xeito físico co que se sente cómodo, que o identifica e que, sobre todo, é coherente, auténtico. Sempre un sorriso na cara, con problemas concretos que lle importan á cidadanía: a Costa do Vedor, o arranxo de viais, a limpeza no outono. Cuestións solucionables nun primeiro mandato que o goberno deixa de lado. O estilo desenfadado, a conexión coa xente.

Goretti Sanmartín, entrementres, mudou o seu xeito de vestir coa chegada á Alcaldía. É unha decisión comprensible, mais que, ao final, non encaixa coa imaxe que pretende proxectar, co resto da “política”. Iso xera lentamente distancias, pois lle quita autenticidade á persoa. Ademais, o feito de se enlear en cuestións de claro desgaste –a reforma da Virxe da Cerca, por exemplo, que ninguén remata de entender– réstalle tempo para afrontar os problemas reais e básicos da cidadanía, aqueles que, tendo en conta o seu discurso preelectoral, encaixan coa visión dela mesma que creara até o de agora.

A autenticidade para artellar unha maioría real vai ser fundamental de cara aos vindeiros comicios. Vémonos nas urnas!

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here