InicioCULTURACineuropa entrega recoñecemento ao cineasta ferrolán Alberto Gracia e á actriz Ingrid...

Cineuropa entrega recoñecemento ao cineasta ferrolán Alberto Gracia e á actriz Ingrid García-Jonsson

O festival homenaxeará tamén a outros artistas, como á realizadora brasileira Flavia Castro, que a próxima semana (o 20 de novembro) acudirá ao Teatro Principal de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Cineuropa entregará esta semana o recoñecemento da súa 38ª edición ao cineasta ferrolán Alberto Gracia (martes, ás 20,15 horas) e á actriz hispano-sueca Ingrid García-Jonsson (xoves, ás 20,00 horas). Ambos os actos celebraranse no Teatro Principal.

De tal forma, Cineuropa proxectará este martes ‘La Parra’, terceira longametraxe de Alberto Gracia, polo que recibiu o premio do Festival de Cinema de Rotterdamn e o Premio Alquimias da Seminci. Esta obra proxectarase por primeira vez en Galicia, pois chegará aos cinemas o 13 de decembro.

En canto a García-Jonsson, xa o xoves, Cineuropa exhibirá con motivo do galardón ‘Una ballena’, onde conta co papel protagonista desta cinta dirixida por Pablo Hernando e estreada no Festival de Sitges. No filme, a hispano-sueca interpreta a unha asasina nun mundo onde se mestura o real co fantasioso.

O festival homenaxeará tamén a outros artistas, como á realizadora brasileira Flavia Castro, que a próxima semana (o 20 de novembro) acudirá ao Teatro Principal de Santiago.

Pola súa banda, outras salas da capital galega, tales como Numax, Salón Teatro, Auditorio Abanca e Zona C, continuarán coa programación do festival ao longo desta semana.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here