InicioCULTURAO papel da Catedral de Santiago no cinema protagoniza o último número...

O papel da Catedral de Santiago no cinema protagoniza o último número de ‘Galicia histórica’

A publicación mensual do Arquivo da Catedral analiza como o monumento foi escenario en numerosas producións cinematográficas desde 1925

Publicado o

Xornal de Compostela

O número de outubro de Galicia histórica, revista mensual do Arquivo da Catedral de Santiago, repasa o papel da catedral compostelá como escenario cinematográfico e a súa presenza en importantes producións audiovisuais. A publicación destaca, como referencia inicial, a gravación en 1925 da película La Casa de la Troya, baseada na novela de Pérez Lugín e considerada o primeiro filme en mostrar escenas na catedral.

O artigo recolle documentos e actas capitulares que evidencian a complexa relación entre a catedral e o cine. Así, no 1924, o Cabildo debateu se conceder permisos para rodar ‘La Casa de la Troya’ na Praza das Praterías e na Quintana, decisión que finalmente foi autorizada con limitacións, en especial dentro do templo, coa finalidade de preservar o carácter sagrado do espazo.

Entre outras producións destacadas, o documento cita o NO-DO, que en 1947 solicitou filmar o Pórtico da Gloria. A gravación foi autorizada polo Cabildo, e as imaxes foron proxectadas en salas de Sudamérica. Ademais, en 1953, a directora Ana Mariscal recibiu permiso para rodar o documental ‘Misa en Compostela’, con escenas no interior da catedral para promover o Ano Santo Xacobeo.

Outro proxecto relevante foi o documental hispano-francés ‘Camino de Santiago‘, dirixido por Pierre Zimmer en 1956, que percorreu a Ruta Xacobea e incluíu escenas nocturnas na catedral compostelá.

O informe tamén menciona a produción de Orgullo y pasión, dirixida por Stanley Kramer en 1957. A rodaxe requiriu un gran dispositivo de produción, incluíndo cañóns e centos de extras para filmar unha escena da guerra de independencia na Praza de España.

ÚLTIMAS

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Santiago cederá á Xunta unha parcela na Muíña para construír 123 vivendas públicas de alugueiro

O Concello de Santiago cederá á Xunta de Galicia unha parcela municipal na Muíña...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

Cineuropa inaugura este venres a súa 40ª edición en Santiago con máis de 150 películas e 17 días de programación

O festival Cineuropa inicia este venres, 6 de novembro, a súa 40ª edición en...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here