InicioSUCESOS(MAPA) Estes foron os danos causados por Kirk en Compostela

(MAPA) Estes foron os danos causados por Kirk en Compostela

Xornal de Compostela recolle nun mapa os principais incidencias producidas pola borrasca

Publicado o

Por David Gómez Pérez

O exfuracán ‘Kirk’, xa convertido en borrasca, causou importantes danos en Santiago de Compostela, con múltiples incidencias en diferentes puntos da cidade. Un dos lugares máis afectados foi a Alameda, onde varias árbores caeron, algúns exemplares arrincáronse de raíz e levantaron o chan, rompendo tubaxes e causando a saída de auga. Aínda que o parque estaba pechado ao público, algúns residentes e usuarios da gardaría tiveron que cruzalo, aínda que con dificultades, xa que o acceso non conta con ramplas para carros de bebé.

En total, os bombeiros realizaron 53 intervencións, das cales 45 foron por árbores e ramas caídas. Ademais, houbo incidentes por inundacións, saneamento de fachadas e carteis caídos. Outras zonas afectadas inclúen o conservatorio de música, que perdeu parte do tellado, e o colexio de Fontiñas, onde a caída dunha árbore rompeu unha lumieira. Tamén houbo cortes de estradas, como na rotonda de Vidán e a avenida de Lugo, o que afectou a varias liñas de autobús, causando atrasos e suspensións de servizos. Por último, produciuse un corte de luz que deixou sen iluminación unhas 400 luminarias na cidade, mentres os equipos de emerxencia continúan atendendo as 42 incidencias pendentes.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas por un vehículo na rúa Rosalía de Castro

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres en Santiago de Compostela tras seren...

Un incendio nunha vivenda de Conxo obriga a desaloxar o colexio Cardeal Quiroga Palacios

Un incendio nunha vivenda situada no barrio de Conxo, en Santiago de Compostela, obrigou...

Unha explosión nunha cociña provoca un incendio nunha vivenda da rúa das Salvadas

Unha explosión rexistrada na cociña dunha vivenda da rúa das Salvadas provocou este luns un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here