HomeSANTIAGOAMESXa se pode solicitar no Concello de Ames o carné das piscinas...

Xa se pode solicitar no Concello de Ames o carné das piscinas municipais descubertas

Os carnés estarán dispoñibles para Bertamiráns e O Milladoiro cun prezo entre 5 e 20 euros dependendo das circunstancias

Publicado o

Por Xornal de Compostela

O Concello de Ames iniciou este luns día 20 o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados poden descargar o impreso de solicitude na web municipal e envialo cuberto aos correos electrónicos deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. Os prezos dos carnés oscilan entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro, en horario de 11:00 a 21:00. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto.

Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, a Concellería de Deportes abriu este luns o prazo para obter o carné de usuario destas instalacións. Para solicitar a tarxeta é necesario presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada escaneada (tamaño carné por cada usuario novo ou se fose necesario renovala) e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria.

A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información, pódese chamar ao número 981 88 48 96. Os usuarios tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.

O Concello recomenda que, na medida do posible, as usuarias descarguen a documentación desde a páxina web e soliciten a folla de autoliquidación por correo electrónico para despois realizar o pagamento correspondente. Unha vez recibida toda a documentación, enviarase o carné actualizado nun documento PDF nun prazo de 5 días.

PREZO DOS ABONOS

Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (que inclúe pais e fillos menores de 18 anos, e engade aos fillos menores de 25 anos sen ingresos propios) custa 20 euros; o individual para toda a tempada é de 14 euros, e o abono de tempada para menores de 18 anos é de 7 euros.

Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos. Os menores de 4 anos están exentos de pagamento. O terceiro irmán en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Ademais, existen exencións de taxas nos abonos sempre e cando se conte con informe de Servizos Sociais.

As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao número 981 535 940 (oficina de Deportes do Milladoiro) ou ao 619 842 504 (oficina de Deportes de Bertamiráns) en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00. A apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro está prevista para o 15 de xuño. Permanecerán abertas ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 21:00.

ÚLTIMAS

A Conchi; lugar de estudo, de moceo e de anécdotas

No corazón de Santiago de Compostela atópase a Biblioteca Concepción Arenal, coñecida cariñosamente como "A Conchi", especialmente entre...

O Refuxio de Bando, unha segunda oportunidade para os animais abandonados

Nos outeiros ondulados de Galicia, atópase un refuxio de esperanza e compaixón para aqueles...

(VÍDEO) Sabías que existe un Netflix con contido 100% en galego?

Para todos aqueles que buscan contido en galego pero non saben onde atopalo, Xornal...

A xuízo por simular contratos para non pagar unha débeda de 36.000 euros

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará os...

Ames dá comezo á humanización da avenida de Rosalía de Castro do Milladoiro

O alcalde de Ames, Blas García, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María...

O rock volve ao Milladoiro co festival Millarock

O festival Millarock volve iluminar a localidade do Milladoiro na súa décimo terceira edición,...

O Concello de Ames solicita información e celeridade na construción do novo CEIP do Milladoiro

O Concello de Ames, a través do seu alcalde, Blas García, fixo un chamamento...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here