InicioPOLÍTICAO Pleno rexeita recoñecer presidente de Venezuela a Edmundo González e acusa...

O Pleno rexeita recoñecer presidente de Venezuela a Edmundo González e acusa ao PP de “crear conflito”

BNG, CA e PSdeG argumentan que seguen o marcado polo Goberno e a UE

Publicado o

Xornal de Compostela

A moción do grupo popular sobre a situación de Venezuela provocou un tenso debate este xoves no Pleno do Concello de Santiago, que acabou por rexeitala cos votos en contra de BNG, PSdeG e Compostela Aberta. Alegan que non van recoñecer como presidente a Edmundo González, xa que non é a posición defendida a Unión Europea, e que o que busca o PP é “crear conflito”.

Os citados grupos criticaron que os populares queiran “utilizar” a situación do país latinoamericano para “facer unha oposición destrutiva” ao Executivo estatal.

O concelleiro popular Adrián Vila foi o encargado de defender a moción, na que se pide a condena do “réxime ditatorial” de Nicolás Maduro, o recoñecemento de Edmundo González como presidente e a tramitación áxil de atención social e axudas económicas aos venezolanos que cheguen ao municipio.

Ante esta situación, afirmou, hai “dúas posturas claras”: “a do PP, que leva anos condenando o réxime, e outra postura, máis preocupante, a do BNG e o PSdeG”.

Así, acusou aos nacionalistas de “validar” o proceso electoral celebrado en Venezuela cando foi, asegurou, un “roubo”; e aos socialistas citoulles a reunión coa que foi vicepresidenta do país, Delcy Rodríguez, no aeroporto de Barallas.

Ademais, acusou ao expresidente Rodríguez Zapatero, mediador, e ao embaixador de España en Venezuela de “chantajear e coaccionar” a Edmundo González para que saíse do país.

CA: “AO PP NON LLE INTERESA VENEZUELA”

Pola súa banda, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais (Compostela Aberta), María Rozas, garantiu “” que se tenta tramitar “coa máxima urxencia” calquera situación de “calquera persoa” que se atope en risco de exclusión social, “independentemente da súa orixe”. “Todos temos dereitos, procedamos de Latinoamérica ou de África”, insistiu.

Nesta liña, e “recoñecendo a situación de emerxencia dos venezolanos, que é evidente”, lembrou que outros colectivos como os procedentes de Mali ou Ucraína, atópanse na mesma tesitura, “tal e como recoñece ACNUR”, entre outras organizacións.

“Como Goberno, estamos preocupados pola situación que provoca a saída de miles de persoas do país. É unha crise política e claro que hai dúbidas sobre o resultado electoral”, afirmou, engadindo que “calquera persecución política é reprochable”.

“O pobo venezolano ten que decidir o seu propio destino e a súa vontade debe ser respectada”, concluíu, lembrando ademais que esta é a posición do Goberno central e a da Unión Europea.

Por este motivo, Rozas recoñeceu que a proposta popular xéralle “certas dúbidas” sobre os intereses reais do PP. “Ao PP non lle interesa realmente nin Venezuela nin Edmundo González”, aseverou en referencia ás acusacións sobre a “chantaxe” ao candidato opositor, “palabras moi serias” que “desmentiu o propio González”.

PSDEG, “MESMA POSICIÓN QUE A UE”

Na mesma liña expresouse o concelleiro socialista Sindo Guinarte. “O PP ten moito interese en facer ver que hai dúas posturas. Quere pór aos que non son o PP nunha posición ‘antiVenezuela’ ou ‘antisolución democrática'”, censurou. Para o socialista, as acusacións vertidas por Vila sobre a saída de Edmundo González “non son aceptables”.

“É unha obviedad recoñecer que Venezuela pasa por unha profunda crise política, económica e social e que os acontecementos dos últimos meses poden profundar nesa crise”, sinalou.

Por iso, considera que deben levar a cabo “todas as accións que poidan reverter a situación” e facer que “se camiñe cara a un proceso realmente democrático onde os resultados das eleccións sexan respectados e poida abrirse un novo tempo para Venezuela”.

“A nosa posición non difire en absoluto da que mantén a Unión Europea: non recoñecer os resultados proclamados polo Goberno de Venezuela porque hai sospeitas de que as eleccións están manipuladas, respectar a vontade do pobo, condenar sen paliativos todas as violacións dos Dereitos Humanos e a persecución política dos líderes da oposición”, detallou.

Ademais, reivindicou a figura de Zapatero como mediador, matizando ademais que “non é representante do Goberno de España”. “Pódese estar a favor ou en contra — da figura do mediador –, pero o que non se pode pretender é que estea de parte dun ou de parte do outro. Porque os mediadores non actúan así”, apuntou.

Por último, rexeita a opción de recoñecer a Edmundo González como presidente. “Non é a posición da UE e diplomáticamente non ten sentido”, concluíu.

BNG: “BÚSCASE CREAR CONFLITO”

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, tomou a palabra para expresar a súa “solidariedade” co pobo venezolano, así como a súa condena á represión, ademais de comprometer “toda a axilidade” para os trámites administrativos. “Todo iso sempre formará parte do traballo que se faga desde a concellaría”, insistiu.

Pero por outra banda, apuntou, cre que hai cuestións que se introducen na moción que non buscan “conseguir algo positivo para Venezuela”, senón para “crear conflito”.

“Creo que están ben claras as posicións e que hai determinadas cuestións que se fan única e exclusivamente desde unha perspectiva de crear un relato. Creo que por aí non imos por un bo camiño”, finalizou.

ÚLTIMAS

Adxudican as obras para a acometida eléctrica da nova depuradora de Santiago

O Consello de Administración da sociedade estatal Augas das Concas de España (Acuaes), dependente...

A RAGC promove unha charla sobre o matemático galego José Rodríguez en Santiago

No marco das celebracións da Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024 (G-Night), a Real...

O proxecto de vertedoiro de Val do Dubra está aínda en proceso de tramitación

A Xunta insistiu en que o proxecto de vertedoiro de residuos de Niveiro nunha antiga canteira en...

O Concello de Santiago avanza cara unha mobilidade sostible con novas normas de circulación

O Pleno do Concello de Santiago aprobou, por unanimidade, a modificación da Ordenanza de...

O pleno dá luz verde á modificación provisional do plan urbanístico da Finca do Espiño

O pleno do Concello de Santiago deu luz verde á aprobación provisional da modificación...

Rueda destaca a comunicación “continua” da Xunta co goberno de Santiago tras manter unha reunión co alcalde de Ames antes que con Goretti

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a comunicación "continua" e "bastante fluída" que mantén...

A alcaldesa de Santiago pide á Xunta que impulse a taxa turística para outros municipios

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, celebrou que haxa outros municipios que aposten por...