InicioSANTIAGOVAL DO DUBRAO proxecto de vertedoiro de Val do Dubra está aínda en proceso...

O proxecto de vertedoiro de Val do Dubra está aínda en proceso de tramitación

Así o manifestou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, en resposta a unha pregunta formulada na Comisión 2ª do Parlamento galego este xoves pola deputada do PSdeG Patricia Iglesias, que advertiu do impacto do proxecto sobre a poboación e a actividade económica na zona

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta insistiu en que o proxecto de vertedoiro de residuos de Niveiro nunha antiga canteira en Val do Dubra está aínda en proceso de tramitación, pendente de resolver dous procedementos que aínda non saíron a información pública. Así o manifestou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, en resposta a unha pregunta formulada na Comisión 2ª do Parlamento galego este xoves pola deputada do PSdeG Patricia Iglesias, que advertiu do impacto do proxecto sobre a poboación e a actividade económica na zona.

Na súa resposta, o representante da Xunta incidiu en que é “unha temeridade” anticipar o resultado dos procedementos dos expedientes de autorización do proxecto que, como remarcou, a Administración galega “está obrigada” a tramitar. Por unha banda, a iniciativa para empregar o oco deixado pola actividade mineira que operou desde principios dos anos 1980 para depositar residuos procedentes de obras está pendente de que se resolva o expediente do propio proxecto de “restauración” e a tramitación ambiental integrada do mesmo.

Como lembrou, a empresa promotora da iniciativa recorreu o informe municipal de Val do Dubra que negaba a posibilidade de implantar esta actividade na antiga canteira ata lograr un fallo en casación que deu a razón á compañía. Ante a demanda da deputada socialista de que o proxecto sexa tombado para evitar que se converta “nunha nova Miramontes ou Casalonga”, Fernández Davila subliñou que a Xunta esixirá o cumprimento da normativa.

ÚLTIMAS

Gonzalo Muíños pide recuperar o dobre sentido en Rodas tras o atropelo dun escolar de La Salle

O concelleiro non adscrito do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, reclamou ao Goberno municipal...

Santiago reunirá 200 profesionais da industria aeroespacial nun congreso internacional os días 28 e 29 de outubro

Santiago de Compostela converterase os próximos 28 e 29 de outubro nun punto de...

Rozas confirma que o novo contrato do SAF non estará operativo o 31 de outubro e que o Concello traballa nos orzamentos de 2027

A tenenta de alcaldesa de Santiago de Compostela e portavoz de Compostela Aberta no...

Santiago abre este xoves unha nova edición dos orzamentos participativos para que a mocidade decida o destino de 10.000 euros

O Concello de Santiago de Compostela iniciará este xoves, 15 de outubro, unha nova...

Unha persoa falece atrapada polo tractor que conducía en Val do Dubra

Unha persoa faleceu este luns nun accidente cun tractor en Val do Dubra, despois...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...