HomePOLÍTICAO secretario xeral do PSOE compostelán esixe á alcaldesa unha comisión de...

O secretario xeral do PSOE compostelán esixe á alcaldesa unha comisión de seguimento dos orzamentos

Pasados seis meses de 2024, considera que moitos dos proxectos do acordo non están a ir á velocidade que deberían.

Publicado o

Por Europa Press

O secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, esixiu á alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín, a posta en marcha dunha comisión de seguimento do grao de execución dos orzamentos municipais, despois de facilitar a súa aprobación co acordo asinado a finais do pasado ano.

O dirixente socialista remitiulle o mércores unha carta á rexedora na que pide a creación deste órgano, que estaría configurado pola parte socialista pola comisión negociadora dos propios orzamentos, da que formaron parte o propio Bouza, así como o portavoz municipal Gonzalo Muíños; a vicepresidenta xeral, Marta Álvarez Santullano e a edil Marta Abal. O secretario xeral do PSOE compostelán trasladou a súa preocupación o estado dos proxectos que viñan do mandato socialista e que dependen de fondos europeos que “poderían perderse se non se impulsa a súa execución“.

Exemplo disto, conforme indicou, son o proxecto de renaturalización Entre Sar e Sarela, que contempla actuación varias na lagoa do Auditorio, a lagoa de Cornes ou o xardín botánico: “Hai proxectos que non se están pondo encima da mesa e non están a ir a velocidade suficiente”, sinalou. Neste sentido, o socialista sostivo que, pasados seis meses, “é o momento de esixir unha rendición de contas“. “Estamos a metade de ano, consideramos que fomos responsables á hora de empezar a esixir o cumprimento efectivo deste acordo”, indicou.

ÚLTIMAS

En estado moi grave un mozo de 30 anos nunha caída dun rocódromo en Santiago

Un mozo de 30 anos atópanse estado moi grave tras sufrir unha caída de...

Lestegás cifra en preto de 100 as tendas de souvenirs na zona vella: “Queremos garantir a diversidade de usos”

O concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, cifrou en preto de...

Santiago de Compostela impón unha moratoria para protexer o comercio de proximidade no centro histórico

A xunta de goberno local do Concello de Santiago de Compostela tomou unha decisión...

Quen era Raxoi e por que á casa do Concello se lle chama Pazo de Raxoi?

Bartolomé de Raxoi e Losada naceu o 25 de agosto de 1690 en Pontedeume...

Santiago de Compostela impón unha moratoria para protexer o comercio de proximidade no centro histórico

A xunta de goberno local do Concello de Santiago de Compostela tomou unha decisión...

O PP critica a suspensión de licenzas na zona vella e dubida sobre como se cuestionarán os tipos de negocio

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, expresou este luns preocupacións tras o...

Rueda sobre a taxa turística: “Aprobaremola se cumple os condicionantes”

Si ou non, turismofobia ou control do fluxo turístico?. O presidente da Xunta sorprendeu...