InicioMOV. SOCIAISConvocan unha manifestación en Santiago en solidariedade co pobo palestino o 6...

Convocan unha manifestación en Santiago en solidariedade co pobo palestino o 6 de outubro

A mobilización partirá da Alameda compostelá para denunciar as agresións contra Palestina e reclamar accións concretas das institucións

Publicado o

Xornal de Compostela

A Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, conformada polas asociacións Galaico Árabe Jenin, Galiza por Palestina e Mar de Lumes, anunciou esta mañá a convocatoria dunha manifestación nacional o próximo 6 de outubro en Santiago. A mobilización partirá ás 12:00 horas da Alameda e coincide coa véspera do aniversario do xenocidio en Gaza.

Durante a rolda de prensa, a coordinadora denunciou a violencia extrema que sofre o pobo palestino dende hai 76 anos, e acusou a Israel de manter un régime de Apartheid. Tamén criticaron a pasividade da Unión Europea e a posición ambigua do goberno español, que, segundo a organización, non toma medidas efectivas, como o cese do comercio de armas con Israel.

A Coordenadora fai un chamamento á cidadanía galega para que participe na manifestación e levante a súa voz contra as inxustizas sufridas polo pobo palestino, esixindo accións inmediatas por parte das institucións.

ÚLTIMAS

Rueda defende que a taxa turística debería solucionar os problemas de afluencia en Santiago

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reafirmou a súa posición respecto á...

O Concello de Ames organiza a XXIII Carreira Pedestre Popular con 10 quilómetros de circuíto homologado

O vindeiro domingo 20 de outubro, Bertamiráns acollerá a XXIII Carreira Pedestre Popular do...

O VI Festival Ateneo Barroco arrinca en Compostela cunha invitación a gozar da cultura

O VI Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco, organizado polo Ateneo de...

Colectivos pro Palestina impulsan unha concentración contra o “apartheid”

Representantes de distintos sindicatos e colectivos prol Palestina expuxeron os detalles da folga convocada...

A CIG-Ensino denuncia vulneración do dereito á folga en Beatriz Seijo Art Studio

A CIG-Ensino anunciou que presentará unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here