InicioMOV. SOCIAISColectivos pro Palestina impulsan unha concentración contra o "apartheid"

Colectivos pro Palestina impulsan unha concentración contra o “apartheid”

Anuncian unha manifestación que sairá desde Praza Roxa e defenden o "dereito de retorno" das persoas palestinas refuxiadas.

Publicado o

Xornal de Compostela

Representantes de distintos sindicatos e colectivos prol Palestina expuxeron os detalles da folga convocada para o vindeiro venres 27 de setembro e das actividades que se celebrarán en Compostela. Así, anunciaron unha manifestación que sairá ás 12:00 horas desde a Praza Roja e unha concentración na Praza do Obradoiro que comezará ás 19:00 horas.

Neste sentido, Rocío Ponche de CXT lembrou nunha rolda de prensa celebrada este mércores en Santiago que, “todas as persoas traballadoras de todos os sectores están cubertas” pola folga xeral e animou á cidadanía a participar.

Pola súa banda, o Sindicato de Estudantes tamén subliñou que o seu colectivo da cobertura á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Formación Profesional (FP), Conservatorios e Escolas de Idiomas Oficiais para que poidan secundar o paro.

Deste xeito, o sindicato animou a todos os estudantes e ao profesorado a unirse á manifestación para “acabar co xenocidio” en Palestina e esixir a “ruptura inmediata de calquera relación co Estado xenocida de Israel”.

Así mesmo, a Rede Galega pola Palestina esgrimiu que tanto a folga xeral como as actividades que se desenvolverán en Compostela forman parte de “un esforzo global para visibilizar a loita do pobo palestino e denunciar a represión que sofre no seu territorio”.

DENUNCIAN O “APARTHEID” E O “COLONIALISMO”

Tamén durante a rolda de prensa, na que participaron membros da Asemblea Internacionalista de Compostela, CXT, CNT, Rede Galega pola Palestina, Sindicato de Estudantes e Solidariedade Obreira, un dos representantes da Rede Galega pola Palestina esixiu o fin “do bloqueo, do apartheid, da ocupación, do colonialismo e do xenocidio sionista”.

Nesta liña, defendeu o “dereito de retorno” das persoas palestinas refuxiadas, así como de autodeterminación e de resistencia do pobo palestino “en todas as súas formas”. Outra das demandas do colectivos prol Palestina presentes na rolda de prensa foi a ruptura de relacións diplomáticas con Israel e a suspensión de acordos comerciais e académicos que o “benefician”. Con todo, fixeron fincapé na importancia que ten a mobilización da clase traballadora galega e incidiron en que o seu obxectivo é intensificar a resposta social en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...