HomeMOV. SOCIAIS17.000 km en moto desde Santiago a Katmandú, a aventura de Óscar...

17.000 km en moto desde Santiago a Katmandú, a aventura de Óscar Conde

Esta viaxe presentarase este sábado 25 de maio no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín e anunciarase tamén unha gala solidaria en favor do Nepal.

Publicado o

Por Xornal de Compostela

Este sábado 25 de maio, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación da viaxe en moto que realizará o verinés Oscar Conde dende Santiago de Compostela (pasando por Verín) a Katmandú. Esta emocionante aventura comezará o vindeiro mes de setembro e prolongarase ata novembro de 2024, percorrendo máis de 17.000 quilómetros.

“O libro de ruta levará a Oscar a cruzar países por Europa e Asia, incluíndo Italia, Croacia, Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia, Irán, Paquistán, India e Nepal, ao longo de seis semanas de viaxe”, sinalan dende o Concello de Verín.

Durante a presentación, proxectarase o documental sobre a viaxe á estrada máis alta do mundo, KHARDUNG LA PASS en India, situada a 5.600 metros de altura, realizada no ano 2019; e ao rematar a mesma, os invitados Miguel Ángel Prieto (“Frai Chitín”) e Carlos Damorín, presentarán a gala solidaria “Gala Entroideira por Nepal”, que terá lugar no Auditorio Municipal o día 29 de xuño. Neste evento proxectarase a película “Frai Chitín e o Triángulo Máxico”, entre outras moitas sorpresas.

SOLIDARIDADE CO NEPAL

A recadación íntegra da gala será doada á ONG española “Abrazando Nepal” (https://huggingnepal.org/), fundada por voluntarios no ano 2015 despois do terremoto de 7,9 graos que devastou o país. Na actualidade, a súa actividade principal é proporcionar comidas diariamente a persoas sen recursos en Katmandú. A ONG está formada integramente por voluntarios.

ÚLTIMAS

A Conchi; lugar de estudo, de moceo e de anécdotas

No corazón de Santiago de Compostela atópase a Biblioteca Concepción Arenal, coñecida cariñosamente como "A Conchi", especialmente entre...

O Refuxio de Bando, unha segunda oportunidade para os animais abandonados

Nos outeiros ondulados de Galicia, atópase un refuxio de esperanza e compaixón para aqueles...

(VÍDEO) Sabías que existe un Netflix con contido 100% en galego?

Para todos aqueles que buscan contido en galego pero non saben onde atopalo, Xornal...

A xuízo por simular contratos para non pagar unha débeda de 36.000 euros

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará os...

O Refuxio de Bando, unha segunda oportunidade para os animais abandonados

Nos outeiros ondulados de Galicia, atópase un refuxio de esperanza e compaixón para aqueles...

Momentos de tensión no Obradoiro ó rematar a concentración a prol de Palestina

Os mozos que participaban nas acampadas e protestas prol-Palestina en Santiago de Compostela abandonaron...

(VÍDEOS) Os manifestantes por Palestina dubidan da vontade de diálogo da USC e denuncian violencia durante os desaloxos

Os manifestantes a favor de Palestina seguen con dúbidas e desconfianza sobre a vontade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here