HomeCULTURASantiago Ogando, creador de @historiasporlahistoria: "Santiago é unha cidade na que esteas...

Santiago Ogando, creador de @historiasporlahistoria: “Santiago é unha cidade na que esteas onde esteas, estás impregnado de historia”

O mozo vigués abriu a conta mestres estudaba Medicina na USC e hoxe en día chega aos 81 mil seguidores

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Santiago Ogando é un mozo de 24 anos que naceu en Vigo e se criou entre a cidade olívica e o Ribeiro. Hai xa catros anos decidiu abrir unha conta de Instagram que bautizou co nome de @historiasporlahistoria, na que sube vídeos e contido cultural e histórico. Hoxe en día conta xa con 247 publicacións coas que acadou 81 mil seguidores, unha cifra que require de moito esforzo e que reflicte o gusto dos usuarios polas súas creacións. Como nos conta, dende ben pequeno estivo moi interesado polas súas raíces, polos nomes das rúas, dos edificios e pola historia en xeral. Grazas a ese interese comezou a ler libros e foi adquirindo un coñecemento histórico e cultural moi amplo que na actualidade trata de inculcar aos seus amigos e seguidores.

A conta de Instagram @historiasporlahistoria – Xornal de Compostela

Graduouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e o pasado mes de maio comezou a residencia de Neuroloxía en Vigo. “Durante o encerro pola Covid comecei a escribir nun blog e en Facebook, pero foi nos exames finais de cuarto de carreira, mentres estaba en Santiago, cando decidín abrir a conta en Instagram”, afirma Santiago. O seu obxectivo incialmente era espertar o interese pola historia da nosa comunidade e país dun xeito imparcial, poñendo o foco en temas menos coñecidos ou facetas interesantes de personaxes famosos, unha misión que mantén ata hoxe.

O creador de contido afirma, moi orgulloso, que a súa estadía de cinco anos en Compostela influíu moito neste proxecto, “Santiago é unha cidade na que esteas na rúa na que esteas, estás impregnado de historia. Cada pedra, cada edificio e cada rúa oculta unha historia detrás, e perderse pola zona vella inspira moito”. De feito, un dos seus vídeos favoritos, que lembra con moito agarimo, é o que fala sobre a orixe da frase de “El que se fue a Sevilla perdió su silla“.

Ogando conta que esta coñecidísima frase ten a súa orixe en Compostela. “Remontándonos ao século XV, había dous arcebispos que pertencían á familia Fonseca, un ocupada o posto en Galicia e outro en Sevilla. Nesa época había moitas guerras en Galicia e por iso, o sobriño que ocupaba o posto galego, pediulle ao seu tío que cambiasen os postos durante unha tempada, ata que este conseguise calmar a situación. O cambio realizouse, pero no momento de volver a Galicia, o sobriño estaba tan cómodo en Sevilla que non quixo cambiarse e tiveron que intervir o rei e os seus ministros para solucionar a situación”.

A familia Fonseca, a dos protagonistas da historia, foi moi influínte en Galiza, poñendo nome ao pazo de Fonseca que se atopa na praza do Obradoiro fronte á Catedral e mandando construír a Real Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, dende onde Ogando decidiu contarnos este dato tan curioso.

A pesar de todo o coñecemento que adquiriu durante todos estes anos, para realizar os vídeos e verificar os datos, Santi acude a libros e artigos de internet, así como a libros que ten na casa. Durante a súa estadía na capital galega, acudía á biblioteca da Facultade de Historia para buscar información útil e interesante para as súas creacións. Isto é clave, xa que pretende que a xente que ve os seus vídeos adquira coñecemento fiable e amor pola indagación histórica e cultural, sobre todo por parte dos máis novos, que comezan a ver as redes como un espazo de información e aprendizaxe.

Das 246 publicación, moitas son de historias de sitios aos que viaxa, de reis españois e de romances de séculos pasados, aínda que moitas outras están inspiradas en aspectos e lugares de Galicia. Desexa que a súa actividade teña unha pegada positiva na xente e na cultura galega, apunta que considera moi importante coñecer o que temos máis preto, tendo en conta que o patrimonio galego é moi rico. Facendo balance, algo máis da metade dos seus seguidores é do resto da península e de numerosos países latinoamericanos, aspecto que aproveita para dar a coñecer Galiza tamén á xente de fóra.

Santiago prefire non falar de éxito e insiste en que esta boa acollida probablemente foi froito de ter aproveitado un nicho un tanto baleiro. Aclara que existen moitos creadores de contido histórico, pero que xustamente o tipo de historias que el conta non o fai moita xente. “O xeito de contar datos históricos a través de reels e de directos creo que é un moi bo formato para que sexa máis accesible e interesante para a xente nova”, afirma. Cre que actualmente o interese polas orixes dos sitios onde vivimos volve estar medrando e que a globalización e a posibilidade de viaxar a outras partes do mundo tamén esperta a curiosidade da xente que desexa ver espazos históricos en persoa.

Nesta nova etapa como residente, na que está cumprindo o seu soño de dedicarse á súa outra paixón, a medicina, non ten tanto tempo para ler e escribir. A pesar diso, o interese da xente pola historia e a cultura motívalle a seguir co proxecto. O seu obxectivo é continuar publicando contido ao tempo que se converte en médico, e, por que non, algún día ter un libro publicado baixo o nome de Santiago Ogando.

ÚLTIMAS

En estado moi grave un mozo de 30 anos nunha caída dun rocódromo en Santiago

Un mozo de 30 anos atópanse estado moi grave tras sufrir unha caída de...

Lestegás cifra en preto de 100 as tendas de souvenirs na zona vella: “Queremos garantir a diversidade de usos”

O concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, cifrou en preto de...

Santiago de Compostela impón unha moratoria para protexer o comercio de proximidade no centro histórico

A xunta de goberno local do Concello de Santiago de Compostela tomou unha decisión...

Quen era Raxoi e por que á casa do Concello se lle chama Pazo de Raxoi?

Bartolomé de Raxoi e Losada naceu o 25 de agosto de 1690 en Pontedeume...

Quen era Raxoi e por que á casa do Concello se lle chama Pazo de Raxoi?

Bartolomé de Raxoi e Losada naceu o 25 de agosto de 1690 en Pontedeume...

A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música a persoas con discapacidade auditiva

A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá no concerto de Budiño, programado para o...

(VÍDEO) Sabías que existe un Netflix con contido 100% en galego?

Para todos aqueles que buscan contido en galego pero non saben onde atopalo, Xornal...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here