HomeCULTURASeis centros educativos participan no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat V na...

Seis centros educativos participan no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat V na Cidade da Cultura

O proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega conecta a ciencia coa arte e a accesibilidade a través de datos estratosféricos

Publicado o

Por Europa Press

A Cidade da Cultura foi o escenario escollido este mércores para o lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat V, impulsada por seis centros no marco do proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega.

Durante o voo, que se prolongou máis de dúas horas, a cápsula MarumaSat mediu a velocidade do son a diferentes alturas e creou unha melodía empregando ChatGPT para correlacionar notas musicais con variables medidas pola sonda, como a presión ou temperatura, relacionando así a ciencia coa arte e a accesibilidade.

Ademais, no momento do lanzamento, ao que asistiu o secretario xeral da Consellería de Educación, Manuel Vila, a cápsula estratosférica levou unha mostra de ADN humano e dun fungo para observar a influencia da exposición á radiación UV.

Neste proxecto participaron os alumnos do Centro de Educación Especial de Panxón en Nigrán, do IES Ramón Caamaño de Muxía, do IES Miraflores de Oleiros, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago e do Centro Público Integrado CPI Plurilingüe O Cruceiro de Cerceda.

Estes seis centros educativos conforman NOSA, un proxecto que naceu no curso 2014/15 cuxo obxectivo principal é levar ás aulas un modelo de traballo colaborativo a través do deseño e construción desta cápsula que cada ano realiza un voo suborbital.

O espírito do programa, compartido por todos os docentes implicados, é concienciar ao alumnado da utilidade dos coñecementos que adquire para dar resposta a retos tan complexos como desenvolver esta cápsula estratosférica. A iniciativa tamén profunda na cooperación entre alumnado dos distintos centros e diferentes idades.

ÚLTIMAS

A Conchi; lugar de estudo, de moceo e de anécdotas

No corazón de Santiago de Compostela atópase a Biblioteca Concepción Arenal, coñecida cariñosamente como "A Conchi", especialmente entre...

O Refuxio de Bando, unha segunda oportunidade para os animais abandonados

Nos outeiros ondulados de Galicia, atópase un refuxio de esperanza e compaixón para aqueles...

(VÍDEO) Sabías que existe un Netflix con contido 100% en galego?

Para todos aqueles que buscan contido en galego pero non saben onde atopalo, Xornal...

A xuízo por simular contratos para non pagar unha débeda de 36.000 euros

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará os...

(VÍDEO) Sabías que existe un Netflix con contido 100% en galego?

Para todos aqueles que buscan contido en galego pero non saben onde atopalo, Xornal...

‘Cultura no Camiño’ enche de arte os municipios galegos durante o verán

A partir deste sábado, e ata o 31 de agosto, o programa 'Cultura no...