InicioCULTURAAXENDA: Festas de Santo Antón na Gracia e en Castiñeiriño, concerto tributo...

AXENDA: Festas de Santo Antón na Gracia e en Castiñeiriño, concerto tributo a Coldplay e outras actividades en Compostela esta fin de semana

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

MÚSICA

  • Festival Fin de Curso – A Casa do Rock: Celebrarase o sábado, 15 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar. Este evento incluirá actuacións de varias bandas de rock locais para conmemorar o fin de curso. As entradas poderanse comprar en Taquilla.com con prezos dende 7 euros sen gastos de xestión. Dirixido a todos os públicos.
  • Candlelight: Tributo a Coldplay: O concerto terá lugar o domingo, 16 de xuño, no Hotel Monumento San Francisco. Ofrecerán un tributo a Coldplay, interpretado polo Cuarteto Atlánticas nun ambiente iluminado por velas. As entradas estarán dispoñibles en Feverup.com con prezos dende 28 euros. Recomendado para maiores de 8 anos, con menores de 16 acompañados por un adulto.
  • Damn The Storm: O Rock Café acollerá o venres, 14 de xuño o concerto en directo da banda Damn The Storm, presentando o seu novo álbum con temas de rock e blues. A banda, formada en 2018, está composta por Valens Caamaño (guitarra e voz), Duco Miserable (baixo) e Luke Jennings (batería). Coñecidos polo seu son cru e sen concesións, interpretan rock and roll influenciado por tramas de seres malditos, demonios e soños rotos.

 

TEATRO E CINE

  • Na hora dos cans: Celebrarase o venres, 14 de xuño, no Salón Teatro ás 20:00. Este espectáculo teatral, creado por Ana Carreira e Nuno M. Cardoso, explorará temas sobre o futuro, a rebeldía e a liberdade da xuventude. Con unha duración de 1h40’, a obra recomendarase para maiores de 16 anos. As entradas poderanse recoller de balde o mesmo día do evento no despacho de billetes.
  • Monólogo de Carlos Blanco: Terá lugar o domingo, 16 de xuño, na Afundación Santiago ás 19:00. Carlos Blanco ofrecerá o seu humor único e risas aseguradas co seu monólogo. As entradas estarán dispoñibles en Ocio en Galicia con prezos dende 15 euros, sen gastos de xestión. Dirixido a tódolos públicos.
  • Monólogo de Pablo Ibarburu: Celebrarase o venres, 14 de xuño, na Afundación Santiago ás 19:00. Pablo Ibarburu presentará o seu novo espectáculo ‘Chico Glamour’, no que explorará o lado máis absurdo da súa vida e as súas experiencias antes da televisión. As entradas poderanse adquirir en Ocio en Galicia con prezos variables. O evento estará dirixido a todos os públicos e ofrecerá unha noite chea de risas e diversión.

 

EXPOSICIÓNS

  • Alice Munro (10 xullo 1931 – 13 maio 2024): A exposición estará dispoñible desde o mércores ata o sábado, 15 de xuño na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Esta mostra bibliográfica reunirá unha escolma da obra da mestra do conto contemporáneo Alice Munro como homenaxe polo seu pasamento. A exposición será de acceso libre e aberta ao público adulto durante o horario de apertura da biblioteca.
  • Sara Herranz & Simone de Beauvoir: Poderase visitar ata o domingo 16 na Rúa da Fonte de Santo Antonio. Esta exposición establecerá un diálogo entre a literatura da filósofa e novelista francesa Simone de Beauvoir e a arte plástica da ilustradora Sara Herranz. Presentará fragmentos de “La mujer rota” xunto a obras únicas de Herranz, fusionando palabra e imaxe. A exposición estará aberta a todos os públicos de forma gratuíta.
  • I L U M I N O: Celebrarase ata o domingo, 16 de xuño, na Rúa do Xeneral Pardiñas, 12-16. Esta exposición presentará lámpadas concebidas como pezas de arte pola creadora Beatriz Blanco. As lámpadas, fabricadas con materiais reutilizados como tubo de cobre, reixas e flores, destacarán pola súa liberdade de deseño e personalidade propia. A entrada será de balde e a exposición estará aberta a todos os públicos.

INFANTIL

  • Extra terrestre: O espectáculo terá lugar o sábado, 15 de xuño, ás 12:00, na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Esta montaxe de teatro de papel pop up e marionetas contará a historia dun extraterrestre peculiar que viaxa por varios planetas e aprende sobre a amizade e a tolerancia. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala e estará destinada a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

 

DEPORTE E MOVEMENTO

  • III Open Cidade de Santiago Marcha Nórdica: O sábado, 16 de xuño, ás 10:30, na Alameda Compostelana. Este evento deportivo incluirá unha marcha nórdica e unha proba clasificatoria da III Copa Xunta de Galicia, con distancias de 13,75 km para a Copa e 8,24 km para o Open. As inscricións terán un custo de 21 euros (Copa) e 13 euros (Open), con diferentes categorías de idade e modalidade.
  • Camiño de Santiago Andainas: Esta actividade ofrecerase durante varios días ao longo do mes de xuño, con diferentes rutas programadas para explorar tramos do Camiño de Santiago.O domingo día 16 terá lugar a ruta Ría da Estrela Muros-Noia, con saída dende a estación de autobuses de Noia ás 9:00. Inscricións no Club de Xubilados de Lousame (bandoticket.com), 5 euros a pagar no día da andaina.
  • Torneo Torre de Núñez:  Celebrarase esta fin de semana no campo de golf Pitch & Put, onde se premiarán as mellores parellas en categorías SCRATCH e HÁNDICAP con xamóns, paletas e embutidos Torre de Núñez. As inscricións poden realizarse en golfdirecto.com ou chamando ao 674 016 164.

 

FESTAS E EVENTOS 

  • Encontro dos Clubs de lectura Selic Criminal con Sara Vila e Joao Tordo: O venres, 14 de xuño, ás 17:00, na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Os participantes dos clubs de lectura de novela negra SELIC Criminal e da Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga reuniránse cos autores Joao Tordo e Sara Vila. O acto será coordinado por Antonio Ferreira e Xaquín Núñez, seguido dunha inauguración e percorrido pola mostra bibliográfica “Verán criminal”
  • Festas de San Antonio de Castiñeiriño: Do xoves, 13 de xuño, ao domingo, 16 de xuño, a parroquia de O Castiñeiriño celebrará as festas en honra a San Antonio. O xoves, a música estará a cargo da orquestra Olympus e da disco móbil Impacto. O venres, actuarán o grupo Bomba e de novo, a disco móbil Impacto. O sábado, a orquestra La Ola ADN e a disco móbil Chocolate amenizarán a xornada, ademais do Certame de Corais. O domingo, as alboradas estarán a cargo dos grupos Son de Gaitas e Carballeira, con música da formación Channel. Os actos relixiosos seguirán o horario habitual durante estas xornadas.
  • Festas de San Antón da Gracia:  O sábado, 15 de xuño, o barrio compostelán de A Gracia celebrará a festa en honra a San Antón. Os actos comezarán ás 13:00 coa misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo de Galia. A continuación, haberá unha comida popular. A tarde estará amenizada por Irene Angueira e o fin de festa correrá a cargo de Galia.

ÚLTIMAS

Pedro Blanco insta a arquitectos e administracións a colaborar para abordar o problema da vivenda

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, chamou a arquitectos e administracións a...

Carlos Taibo falará sobre o decrecemento nunha conferencia no Ateneo de Santiago

O próximo luns, 7 de outubro, o Ateneo de Santiago acollerá unha conferencia titulada...

A orixe e o pasado da Praza Roxa: de onde ven o seu nome?

Hoxe en día coñecemos a Praza Roxa por ser un dos lugares máis recoñecibles...

O busto de Santiago o Menor na catedral de Santiago: un misterio que espertou novas teorías

A catedral de Santiago de Compostela alberga unha reliquia que, malia ser pouco coñecida,...

(VÍDEO) O día que Ronaldinho deixou marca en Santiago de Compostela

No 2004, en pleno ano santo en Galicia, a Xunta de Galicia decidiu levar...

O Festival Ateneo Barroco organiza un club de lectura e un concerto sobre a viola da gamba

O venres 4 de outubro, ás 19:00 horas, a sexta edición do Festival Ateneo...

O Festival Galicreques reúne 30 compañías con máis de 60 funcións en Santiago

O Festival Internacional Galicreques volve a Santiago de Compostela do 12 ao 20 de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here