HomeCULTURAConcerto de Steph Strings e outras cousas que facer esta fin de...

Concerto de Steph Strings e outras cousas que facer esta fin de semana en Compostela

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

MÚSICA

  • Concerto de Steph Strings: O sábado 4 de maio ás 21:00 horas, na Sala Riquela, celebrarase un concerto da cantautora australiana Steph Strings. Coñecida polas súas influencias de artistas como John Butler Trio, Kim Churchill e Ziggy Alberts, Steph combina estilos de percusión con elementos de música celta, blues e indie-rock costeiro. As localidades por internet están agotadas, pero poderanse conseguir en taquilla a partir de 18 euros.

TEATRO E CINE

  • Piensa en Wilbur: O sábado 4 de maio ás 20:00 horas, no Auditorio Abanca, poderás asistir ao espectáculo ‘Piensa en Wilbur’. Este é un show cheo de acrobacias, humor e risco, mostrando técnicas e habilidades físicas extraordinarias. Wilbur e os seus amigos, Contractura, Tirón e Desgarro, transformarán a acrobacia nunha experiencia teatral que promete impactar e entreter profundamente ao público. Entradas en Ataquilla.com desde 16 euros, sen comisión.
  • Escenas do Cambio: Dende o venres 3 ata o domingo 5 de maio, a Cidade da Cultura acolle a décima edición do festival Escenas do Cambio. Este evento de teatro, danza e arte en acción ofrece unha visión transformadora ca utopía e a liberdade como eixos centrais. O festival presentará un total de 13 pezas de vangarda, incluíndo 7 estreas absolutas. Os prezos dos espectáculos varían dende 9 euros e o abono para todo o festival é dende 40 euros, que se poden adquirir en https://escenasdocambio.org/
  • Galder Varas – Esto no es un show: O domingo 5 de maio, no Auditorio Abanca, Galder Varas, coñecido polo seu traballo en Comedy Central e La Resistencia, presenta ‘Esto no es un show’. Con dúas sesións, ás 18:00 e ás 20:00 horas, este espectáculo de monólogo promete unha noite de humor e entretemento. Os billetes teñen un custo desde 20€ e pódense adquirir en Ataquilla.

INFANTIL

  • La vaca Lola y sus amigos: O sábado 4 de maio ás 17:00 horas, no Teatro La Salle, os máis pequenos da casa terán a oportunidade de disfrutar de “La Vaca Lola e os seus amigos”. Este espectáculo musical infántil destaca pola súa capacidade de entreter mentres transmite valores importantes como a importancia da alimentación, o respecto pola natureza e o significado da amizade. Menores de 12 meses non pagan entrada, demais entradas a partir de 13 euros sen comisión en Ataquilla.com.

EXPOSICIÓNS

  • ‘A Galicia inédita’: Ata o 15 de maio a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela albergará a exposición ‘A Galicia inédita’. Os visitantes poderán descubrir esta mostra en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas de martes a sábado. Esta exposición ofrece unha visión única de aspectos menos coñecidos de Galicia a través de diversas obras e artefactos. A entrada é gratuíta.
  • Antón Lamazares. Inda é día: Este é o último fin de semana que Santiago acollerá a exposición dedicada ao traballo de Antón Lamazares. Esta mostra permítenos apreciar cincuenta anos de dedicación e evolución na obra dun dos artistas máis destacados de Galicia. Poderase visitar na Rúa de Ramón Valle-Inclán, n5 ata o domingo. A entrada é gratuíta.
  • Cola, papel, tijera: Ata o mércores 15 de maio, a galería DUPLA en Santiago de Compostela presenta a exposición “Cola, papel, tijera”. Os artistas Alba Casanova e Iván Prieto exploran a técnica da colaxe, ofrecendo unha visión contemporánea desta forma artística. A exposición destaca a evolución do colaxe dende os seus orixes no século XX ata a actualidade, cun enfoque especial na interacción das texturas e os materiais. A entrada é gratuíta.

FESTAS E EVENTOS

Feira do libro: Do sábado 27 de abril ao domingo 5 de maio a cidade de Santiago de Compostela acollerá unha nova edición da Feira do Libro, que se celebrará no Paseo Central da Alameda. Durante os días do evento haberá presentacións de libros, espectáculos infantís, firmas de libros e charlas. Os postos e actividades estarán abertos de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 horas. 

Romería de Santa Lucía do Eixo: Do sábado 4 ao domingo 5 de maio, a parroquia de Eixo celebrará a tradicional romería en honor a Santa Lucía. O sábado haberá unha gran verbena a cargo do grupo Tania Veiras e a disco móbil Chocolate, e o domingo, misas rezadas cada hora desde as 09:00 ata as 13:00, sendo a última a misa solemne. Os actos litúrxicos concluirán cunha sesión vermú amenizada por Aires de Broña. 

ÚLTIMAS

Sanidade dá por estabilizado o brote de gastroenterite no colexio de Ventín, en Ames

A Consellería de Sanidade deu por estabilizado o brote de gastroenterite rexistrado no colexio Ventín,...

Esta será a programación da V Festa do Banquete de Conxo

Este domingo 26 de maio, o Banquete de Conxo regresa a Compostela cun programa...

A EGAP de Santiago acollerá este martes un seminario sobre intelixencia artificial con expertor de toda España

Este martes 21 de maio, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) converterase no...

Persoal do 061 denuncia que o helicóptero con base en Santiago estará inoperativo tres horas ao día ata o martes

A Xunta de persoal do 061 en Galicia expresou a súa preocupación pola inoperatividade...

Esta será a programación da V Festa do Banquete de Conxo

Este domingo 26 de maio, o Banquete de Conxo regresa a Compostela cun programa...

As letras galegas deste ano: Luisa Villalta e outras recomendacións de literatura en galego para nenos e adultos

Día das Letras Galegas, celebrado cada 17 de maio, é unha homenaxe á lingua...

Boqueixón celebra o Festival das Letras Galegas con premios e unha nova adaptación de Memorias dun neno labrego

O CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón foi escenario dunha xornada festiva dedicada ás...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here