InicioSUCESOSAtopado o home de 93 anos desaparecido en Santiago

Atopado o home de 93 anos desaparecido en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O home de 93 anos que desapreció o sábado na zona da residencia de San Marcos, en Santiago de Compostela, foi localizado en bo estado. Segundo fontes consultadas por Europa Press, o nonaxenario é usuario dunha residencia de maiores e a última vez que fora visto foi o sábado pola tarde. Con todo, foi localizado desorientado nas inmediacións do centro

Tras ter coñecemento da desaparición a través da propia residencia, o 112 Galicia deu aviso á Policía Nacional e á Policía Local. Tal e como informou SOS Desaparecidos, trátase de Aser Núñez Pazos, un home de complexión delgada, calvicie total, lentes graduadas e que mide entre 1,50 e 1,55.

ÚLTIMAS

Gonzalo Muíños pide recuperar o dobre sentido en Rodas tras o atropelo dun escolar de La Salle

O concelleiro non adscrito do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, reclamou ao Goberno municipal...

Santiago reunirá 200 profesionais da industria aeroespacial nun congreso internacional os días 28 e 29 de outubro

Santiago de Compostela converterase os próximos 28 e 29 de outubro nun punto de...

Rozas confirma que o novo contrato do SAF non estará operativo o 31 de outubro e que o Concello traballa nos orzamentos de 2027

A tenenta de alcaldesa de Santiago de Compostela e portavoz de Compostela Aberta no...

Santiago abre este xoves unha nova edición dos orzamentos participativos para que a mocidade decida o destino de 10.000 euros

O Concello de Santiago de Compostela iniciará este xoves, 15 de outubro, unha nova...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...