InicioSUCESOSUnha persecución policial de película que puxo en risco aos condutores na...

Unha persecución policial de película que puxo en risco aos condutores na SC-20 conclúe con catro detidos

Outras oito persoas foron identificadas. Trataron de evadir a presenza de axentes na zona de San Caetano.

Publicado o

Por Ángela Precedo

Unha persecución policial de película polas rúas de Santiago de Compostela concluíu coa detención de catro persoas e a identificación doutros oito que trataron de evadir a presenza de axentes na zona de San Caetano. Os feitos ocorreron a última hora da mañá, ao redor das 13.00 horas, cando os tres vehículos emprenderon a fuxida ao ver presenza policial en San Caetano e iniciaron unha fuga polas rúas da cidade, rumbo ao Milladoiro.

Pasaba algo da unha da tarde cando os vehículos que transitaban pola SC-20 á altura da entrada do túnel do Hórreo practicamente tiveron que apartar e abrir paso ante un coche de cor vermella que se achegaba a toda velocidade a unha zona limitada a 50 km/h. Ao tratarse dunha hora de bastante tránsito non atopaba facilmente por onde pasar, así que adicouse a pitar ata que lle abriron paso ao ver que o copiloto facía señas ameazantes ao demais condutores.

Cando atopou vía libre botouse á carreira, entrou no túnel do Hórreo seguido doutro coche que fuxía xunto a el, tamén de cor vermella, e acadaron velocidades que, segundo testemuñas do acontecido, chegarían facilmente aos 100 quilómetros por hora nun túnel onde a velocidade está controlada por radar e limitada a 50 km/h. Dous minutos despois comezaron a aparecer coches da Policía Nacional coas sereas postas que ían tras deles, emprendendo unha persecución que non deixou indiferente a ninguén dos que a presenciaron.

Os coches de Policía Nacional fóronse sucedendo un tras outro e tras outro, ata un total de cinco ou seis vehículos, aos que lle seguiu un furgón e tamén vehículos da Garda Civil de Tráfico. Finalmente, os axentes conseguiron alcanzar a estas persoas no municipio coruñés de Teo, onde lle deron o alto aos vehículos e arrestaron a catro persoas e identificaron as oito restantes. Polo momento descoñécese os delitos que se lle atribúen a estas persoas que, segundo estas fontes, portaban armas brancas, paus e bates de béisbol.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...