InicioSUCESOSPelexa con gas pementa no centro histórico de Santiago tras un enfrontamento...

Pelexa con gas pementa no centro histórico de Santiago tras un enfrontamento entre grupos ideolóxicos

Un dos grupos podería ser de ultradereita

Publicado o

Xornal de Compostela

Un enfrontamento na rúa do Franco entre “dous grupos de ideoloxía diferente”, segundo informa a Policía Nacional, derivou nunha pelexa na que, a pesar de non haber feridos graves, un dos seus participantes empregou gas pementa. Axentes manteñen aberta unha investigación para esclarecer a identidade dos participantes, aínda que non se presentaron denuncias polo acontecido. Polos primeiros indicios, barállase que un dos grupos poida ser de ideoloxía neonazi ou de extrema dereita.

En base ao relato policial, na tarde do sábado, unha discusión mantida na rúa do Franco entre estes dous grupos escalou ata rematar nunha pelexa, na que se propinaron puñadas. Durante o transcurso da mesma, unha persoa chegou a asperxer gas pementa. Cando chegaron os axentes, só permanecía no lugar uno dos grupos, entre o que había persoas con lesións leves. Fontes policiais remarcan que, en calquera caso, non se utilizou ningunha arma branca e o enfrontamento saldouse finalmente sen denuncias interpostas nin feridos de gravidade.

ÚLTIMAS

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que...

Santiago conmemora o 8M cunha campaña centrada en Begoña Camaño e actividades participativas en toda a cidade

O Concello de Santiago presentou este martes o programa de actividades co gallo do...

Borja Verea acusa a Goretti Sanmartín de “enfadarse por gañar” e pídelle que vote a favor da concesión da auga

O portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Borja Verea, cargou este luns...

Marta Abal reclama desbloquear a concesión do servizo de auga en Santiago ante unha rede “crítica e insostible”

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu este martes en...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...

Unha colisión múltiple na autovía Lugo-Santiago deixa polo menos un ferido

Un accidente na autovía Lugo-Santiago (A-54), que ocorreu na contorna da parroquia de Lavacolla...