InicioSUCESOSA Policía Nacional desarticula un punto de venda de drogas en Fontiñas...

A Policía Nacional desarticula un punto de venda de drogas en Fontiñas tras deter un home na súa vivenda

A intervención deixou máis de 500 posibles doses de cocaína e diversas armas incautadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo en Santiago un home ao que se lle atribúe un presunto delito de tráfico de drogas, nun operativo desenvolvido na madrugada do pasado 12 de novembro no barrio de Fontiñas. A intervención forma parte dunha investigación iniciada hai varios meses polo grupo de Estupefacientes da Brigada de Policía Xudicial, apoiado polas actuacións continuadas da Brigada de Seguridade Cidadá e por avisos trasladados por residentes da zona.

Segundo informou o corpo policial, a entrada na vivenda produciuse de madrugada, dando paso a un rexistro no que os axentes localizaron cocaína distribuída en diferentes envoltorios, cunha cantidade que, segundo os investigadores, superaría as 500 posibles doses. Xunto coa substancia interviñéronse básculas de precisión, material para o fraccionamento da droga e outros elementos vinculados á actividade.

No domicilio tamén foron atopadas armas de fogo —un revólver e unha carabina— ademais de armas brancas e un machete. Os axentes recuperaron igualmente unha variedade de obxectos en bo estado e incluso sen desprecintar, que poderían proceder de delitos contra o patrimonio. A Policía sostén que o detido actuaba como receptador, ofrecendo estupefacentes a cambio destes aveños.

Entre o diñeiro incautado figuraban euros e tamén moedas doutros países, como Vietnam, Marrocos, Estados Unidos, Uzbekistán ou Arxentina, o que, segundo a investigación, reforza a hipótese dunha actividade prolongada e diversificada.

O arrestado foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda. A Policía asegura que coa operación se logra desmontar “un punto negro frecuentado por toxicómanos a diferentes horas do día e da noite”, o que, segundo indican, xeraba molestias e inquietude no barrio.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...