InicioSUCESOSArde o forno dun piso en pleno centro de Santiago e mobiliza...

Arde o forno dun piso en pleno centro de Santiago e mobiliza os servizos de emerxencias

O lume, iniciado por comida que prendeu no forno, provocou a rotura da porta do electrodoméstico, pero foi controlado rapidamente polos bombeiros.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un conato causado no forno dunha vivenda situada no centro de Santiago mobilizou pasadas as 14.00 horas da tarde aos servizos de emerxencias. Segundo confirmou o 112 Galicia a Europa Press, o primeiro aviso produciuse ás 14.05 horas, alertando do lume no forno dunha vivenda do sétimo piso do número 22 da rúa Santiago de Chile.

En concreto, o lume iniciouse debido a que a comida comezou a arder, seguida das gomas, o que terminou causando a ruptura da porta do electrodoméstico. Alí trasladáronse a Policía Local, a Policía Nacional, os bombeiros de Santiago e unha ambulancia. Tal e como sinala o 112, non teñen constancia de ningunha persoa ferida.

Neste contexto, ampliaron os bombeiros municipais a Europa Press, desprazáronse catro efectivos ao lugar dos feitos. A diferenza deste pasado mércores, no que solicitaron reforzo aos bombeiros do Concello de Brión por un incendio noutra vivenda, non foi necesario pedir apoio externo.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...