InicioSUCESOSUn incendio nun piso en Santiago mobiliza os servizos de emerxencias

Un incendio nun piso en Santiago mobiliza os servizos de emerxencias

Non houbo que lamentar danos persoais

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio nunha habitación dun piso no centro de Santiago, na rúa Carreira do Conde, obrigou á primeira hora da tarde deste mércores a mobilizar aos servizos de emerxencias.

En concreto, segundo detallaron fontes do 112, o incendio orixinouse nunha cadeira de brazos no interior dunha habitación dun inmoble situado no número 2 da rúa Carreira do Conde.

Foi un particular quen, sobre as 16:20 horas, alertaba ao 112, que deu aviso aos Bombeiros de Santiago, á Policía Nacional e á Policía Local.

Así mesmo, estas mesmas fontes sinalaron que non hai persoas feridas e que os servizos de extinción traballan no punto.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...