InicioSUCESOSRenfe reestablece o servizo de tren entre Santiago e A Coruña despois...

Renfe reestablece o servizo de tren entre Santiago e A Coruña despois de verse afectado por un cadáver nas vías

O suceso, ocorrido arredor das 10:50, obrigou a interromper o tráfico dos trens que conectan Santiago de Compostela con A Coruña mentres se investigan as causas

Publicado o

Xornal de Compostela

A circulación ferroviaria entre Santiago de Compostela e Ordes foi retomada esta mañá despois de ser interrompida pouco despois das 10 da mañá debido á presenza do corpo sen vida dunha persoa nas vías do tren na rúa do Agro dos Mozos, no barrio de San Lázaro, segundo informou o administrador de infraestruturas ferroviarias Adif a través das súas canles oficiais.

O aviso público emitiuse arredor das 10:52, momento no que se comunicou que a incidencia afectaba especificamente aos trens que realizan o traxecto entre Santiago e A Coruña, tanto de media distancia como de proximidade. Pola súa banda, o 112 recibiu aviso da presenza do cadáver arredor das 10:10 horas. Ao lugar trasladáronse as forzas de seguridade e a xuíza de garda para realizar o levantamento do cadáver.

Fontes de Adif indicaron que o servizo fora suspendido de maneira puntual mentres se investigaban as circunstancias do suceso e se realizaban os traballos necesarios na vía. Por agora, non transcenderon máis detalles sobre a persoa implicada nin sobre a previsión de restablecemento da circulación.

Polo momento, os viaxeiros detidos na Coruña e Santiago foron trasladados en autobús.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here